Tuğçe Albayrak

A pesar de que as historias de sucesos conforman un xénero tan afastado da literatura como da sensibilidade racional, conmoveume a historia de Tuğçe Albayrak, morta por defender a dúas adolescentes nun establecemento de comida rápida en Offenbach, perto de Frankfurt. Quero reflexionar sobre ela porque contén dous elementos que considero importantes para a construción dunha sociedade pacífica: unha defensa da dignidade feminina que a levou a ariscar a súa vida, e un cambio nos roles culturais que nos asignamos como europeos e que lles asignamos a quen non o son.

Arriscar a vida por defender a dignidade feminina

Tuğçe AlbayrakA miña conmoción parte do sentido máis fondo da solidariedade humana: ver alguén que está en perigo e socorrer a esa persoa, con independencia dos riscos que se asumen con tal motivo. E máxime cando son persoas que non pertencen ao mesmo universo social nin cultural; coinciden nun espazo e nun tempo. O vínculo establécese porque as agredidas e a defensora son mulleres. E Tuğçe Albayrak non pode tolerar o abuso nin a violencia na súa dimensión de xénero. Por iso a matan. É unha vida entregada pola dignidade feminina e pola solidariedade humana.

A muller turca fronte aos representantes da civilización

Ademais está o feito que ela é a estranxeira, a turca. Representa nos tópicos a alienación en todas as súas formas. Pero non está dentro da súa casa, confinada na súa intimidade. A súa liberdade non está asoballada por unha familia dominante nin por unha relixión abafante. Ten os seus convencementos. Vive a súa vida. Está fóra durante a noite; gústalle facer a vida que fan as mozas da súa idade. E gústalle que se respecten os dereitos das persoas. Incluso considera que ela ten algo que facer para que a convivencia en paz e en liberdade sexan unha realidade. Por iso a matan eles: homes, brancos, europeos, os representantes da civilización nos tópicos.

Benia a Tuğçe Albayrak! Na nosa memoria, sempre!Turce

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s