FOESSA en Galicia

FOESSA-Galicia-2014

Participei onte na presentación do Informe 2014 sobre exclusión e desenvolvemento social en Galicia da Fundación FOESSA. Esta Fundación, ligada a Cáritas desde a súa orixe, tivo no seu día o mérito de promover a investigación sociolóxica independente, sendo os seus informes obxecto de feroz censura durante a dictadura (1967, 1970, 1975). O informe de 1983, o dos 8 millóns de pobres na España democrática, serviu de contrapunto ao incipiente desenvolvemento do Estado de Benestar. O de 1994 chegou a Galicia en 1997 e serviu para introducir un intenso debate, no que tamén participaría o Valedor do Pobo, co seu Informe Extraordinario sobre Pobreza, Marxinación e Discriminación en Galicia, así como a propia Xunta, dando orixe ao 1º Plan de Inclusión Social de Galicia (co seu contrainforme) e á creación dunha Consellería de Servizos Sociais que posibilitou a posterior existencia dunha Vicepresidencia de Igualdade e Benestar. Tempos idos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s