Comunicado CIE polos atentados de París

A Comisión Islámica de España (CIE), representante oficial dos musulmáns ante o Estado Español, expresa pola presente a súa total condena aos atentados de París contra os empregados do semanario Charlie Hebdo. A comunidade musulmá de España veu reiterando nos últimos anos o seu rexeitamento e firme condena ao terrorismo e á violencia en todas as súas formas. Neste sentido, queremos lembrar tamén que os individuos autores dos atentados non representan para nada nin o Islam nin á comunidade musulmá senón que polos seus actos e actuacións son inimigos declarados da nosa relixión e de toda a comunidade musulmá en Europa e o mundo enteiro.

A CIE desexa subliñar a este respecto a importancia que tivo a fatua contra o terrorismo lanzada pola Comisión en marzo de 2005. Aquela fatua foi traducida a diversos idiomas e tivo un notable eco a nivel internacional, sendo recollida por centenares de medios de comunicación do cinco continentes, que a consideraron como unha peza crave na loita contra o terrorismo, e deu lugar a edictos similares noutros países.

Esta fatua veu pór de relevo que Islam e terrorismo son termos incompatibles, xa que o Islam non tolera nin xustifica ningún tipo de terrorismo, con independencia de quen sexa o que o cometa. Neste sentido, cabe lembrar que o terrorismo é un claro inimigo de todos aqueles que estamos a traballar en prol da convivencia e dunha sociedade incluínte e multicultural como a que defendemos os musulmáns de España.

A CIE felicítase ademais polos éxitos logrados na loita contra o terrorismo internacional como froito da acción concertada de varios países, incluíndo os estados de maioría musulmá, que son as vítimas primeiras e máis importantes deste terrorismo. Neste sentido, a CIE chama a todos os países a loitar contra esta secuela sen ambigüidade e sen caer na trampa de utilizalo para alcanzar obxectivos políticos.

Este terrorismo converteuse ademais nun instrumento xerador de islamofobia en mans de todos aqueles que buscan difundir o odio contra o Islam e os musulmáns. Neste sentido, consideramos que eventos como os xuízos celebrados en España polo 11-M constituíron unha lección de como un estado democrático pode combater a secuela do terrorismo con eficacia dentro do respecto ao marco constitucional e legal e aos principios que a Unión Europea defende e nos que está baseada.

Por último, a CIE anuncia a convocatoria dunha conferencia en Madrid este trimestre con expertos musulmáns de varios países de Europa para mostrar un rexeitamento máis rotundo ao terrorismo que quedará rexistrado nunha declaración oficial.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s