Un millón de empregos para cinco millóns e medio de parados

O paro medra en outubro

A piques de coñecer os datos da EPA do 4º trimestre de 2014, o presidente do goberno anunciaba onte que durante os próximos dous anos vanse crear en España un millón de postos de traballo. Se alguén pensa que se trata dun exceso de optimismo con motivos electorais, que reflexione sobre o feito de que durante o último ano incrementouse o número de cotizantes á Seguridade Social en 417.574 persoas. Son máis de catrocentas mil esperanzas! Ese dato é aval suficiente como para soñar (despertos) cun millón de empregos máis durante os próximos dous anos.

Ora ben, a afiliación media no mes de decembro de 2014 foi de 16.775.214 persoas, mentres que a de xullo de 2007 fora de 19.493.050 persoas. De ser certa a previsión gubernamental (e nada fai pensa que non o sexa á vista dos datos e das tendencias actuais), en xaneiro de 2017 estaremos a 1.717.835 persoas de lograr unha recuperación total do emprego daquel lonxano 2007 en que só unhas poucas nubes enfarruscaban o horizonte do espendor económico. Ademais, en xaneiro de 2017 teremos aínda catro millóns e medio de persoas que queren traballar pero non poden.

E Galicia? Aplicando a mesma regra de tres, nada fai pensar que poidamos superar os 30.000 postos de traballo a maiores nos próximos dous anos, dado que o incremento na afiliación media á Seguridade Social durante este ano foi de 11.855 persoas. Con ese incremento, en xaneiro de 2017 faltarían 134.000 para acadar a afiliación de xullo de 2007. Precisamos unha década enteira a este mesmo ritmo para chegar a ela. Tendo en conta que en setembro de 2014 había 258.300 persoas desempregadas, faltarían aínda 228.300 postos de traballo para acabar co desemprego.

As cousas, afortunadamente, están moito mellor que hai un ano. Nada leva a pensar que camiñamos de cara a unha catástrofe inmediata. Pero non abonda con facer titulares sobre a recuperación. Cómpre traballar con humildade e entusiasmo porque de momento só logramos parar a sangría, porque hai cinco millóns e medio de dramas persoais que están sen solución. Algo máis habera que facer , non?

Advertisements

2 thoughts on “Un millón de empregos para cinco millóns e medio de parados

  1. Pero para quen vai cumprir 30 anos e non ten traballo con esa década ponse na corentena… Así q pasará toda a vida desempregado. Triste destino para unha autoestima.
    Ogallá o sistema economico tire por outro lado. Estas melloras non chegan

    1. Exacto! Este modelo económico crea exclusión social. E as melloras (que moita xente vai valorar) só son boas noticias en relación cunha catrástrofe colectiva. Trato de salientar a outra face: os catro millóns e medio de persoas que fican fóra. Os catro millóns e medio de dramas persoais que configuran un drama colectivo. E que nos urxe a facer nós algo diferente, sen esperar a que outros o fagan por nós!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s