Xustiza para as vítimas

É habitual que os crimes dos vencedores fiquen impunes e que os dos perdedores coñezan codeas inmediatas para reparar os danos sufridos nos conflitos.

As guerras civís de América Latina e as represións provocadas polas doutrinas de Seguridade Nacional que os Estados Unidos fabricaron e exportaron na Escola das Américas, non foron alleas a esta lóxica. En termos xerais, os vencedores, co consentimento do gardian da democracia, pecharon as feridas mediante o procedemento que en Arxentina recibiu o nome de Ley de Obediencia Debida y de Punto y Final. Os vencidos por veces non tiveron dereito sequera a unha sepultura. As máis das veces, negóuselles unha reparación. Mesmo cando a súa participación non tiña nada que ver con accións armadas, senón coa defensa máis elemental dos dereitos humanos, comezando polo dereito á vida.

Unha das accións máis coñecidas da represión dos movementos populares en América Latina foi a queima da embaixada de España en Guatemala en 1980, por orde de Pedro García Arredondo.

A reparación das vítimas comezou cando en 1992 o comité noruego do premio Nóbel concedeu o seu Premio da Paz a Rigoberta Menchú, activista a prol dos dereitos humanos en Guatemala e filla dunha das vítimas. Pero só agora, trinta e cinco anos despois, chega desde os tribunais guatemaltecos unha condea ao responsable daqueles feitos. Ademais dos noventa anos de pena de prisión, o responsable da matanza deberá resarcir ás vítimas.

Condea a García ArreondoO fráxil que pode resultar unha codea é fácil de ver, con ollar o acontecido coa de Efraín Ríos Montt, ao que, despois de ser condeado, se lle aplicou a Lei de Amnistía.

Pero máis importante que a cumprimento da condea é o recoñecemento público da existencia dun crime, e a posibilidade de ser castigado: que cese a impunidade. É a única forma en que falar de reconciliación non é unha burla para as vítimas.

P.s. Recibo esta nova a través da organización non gubernamental SOA Watch, http://www.soaw.org, que ten como obxectivo o peche da Escola das Americas (actualmente Western Hemisphere Institute for Security Cooperation), por considerala cómplice de xenocidio e de crimes contra a humanidade. Grazas a esta organización norteamericana por apoiar os movementos populares de América Latina e por lembrarnos que a memoria e a xustiza forman parte do camiño para a paz e a reconciliación!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s