SYRIZA (3)

SYRIZA

Ética e política

Quero rematar esta reflexión sobre a situación grega apuntando tres cuestións en clave de futuro, atendendo en primeiro lugar á ética, en segundo lugar ao futuro da cohesión social e por último, á política.

As primeiras decisións da autodenominada Coalición Radical de Esquerdas foron bastante paradoxais. En vez de tratar de entenderse co Partido Comunista, o máis próximo do punto de vista ideolóxico, e con que compartiran credo, van pactar cunha escisión nacionalista de Nova Democracia. É coherente? Sabemos que o Partido Comunista anunciara que non votaría a investidura de Tsipras… Ademais, con só tres ministerios, non hai ningunha muller á súa fronte; si é muller a presidenta do Parlamento, pero no goberno a paridade comeza a partir das Secretarías de Estado (viceministerios). En termos xerais, considerando a posición de SYRIZA respecto da débeda e do Euro, parece que pasamos dunha coalición de esquerda radical a unha sorte de socialdemocracia nalgunha das súas variantes, desde Rosa Luxemburgo á Terceira Vía.

A propósito da ética

A reflexión que quero compartir a propósito da ética é que Syriza está experimentando a tensión entre o que Max Weber chamou a ética da convinción e a ética da responsabilidade. Prefiro ese enfoque ao seu equivalente da tensión entre o maximalismo e o posibilismo. Porque o maximalismo é a virtude dos comisarios políticos e o posibilismo dos arrivistas e os logreiros. En troques, a ética da convicción é a que remite a un ideal moral; a da responsabilidade á necesidade de dar contas das propias accións. Non se trata de elixir entre unha ética e outra, nin de situarse equidistantes entre ambas, senón que se trata de decidir que dose de radicalidade (de apego ás raíces ou ao propio ideal) e que dose de realismo poñemos en cada decisión.

O refrán en español afirma que unha cousa é predicar e outra dar trigo. A ética da acción pública (política) consiste en conxunta a prédica coa acción práctica.

Con isto non quero bendicir nin condenar a acción de goberno de SYRIZA. Pretendo ofrecer un criterio de reflexión que moitas veces se perde de vista nas discusións entre pragmáticos e maximalistas.

Arredor da cohesión social

Durante o último lustro, a cohesión europea dependeu da ética puritana: da austeridade e do lucro. Viña sendo hora de por un contrapeso a eses criterio cunha ética da compaixón e da solidariedade.

Dito de outra forma: A cohesión social de cada país e do conxunto da Unión Europea son un requisito para a construción de Europa como unha casa común de cidadanía, non só como un espazo económico, como un mercado.

Na medida en que SYRIZA poña (como parece que está poñendo a nivel local e rexional) no centro do debate sobre o presente e o futuro de Europa a cuestión da cohesión social, benvida sexa. Non estamos falando de dispendios (paseos marítimos e fluviais, portos exteriores a quince millas mariñas, cidades da cultura, aeroportos sen avións…). Falamos de que a xente poda comer, que teña luz na casa, que poida quentarse no inverno e, acaso, que teña onde traballar e gañar o pan; ou, no seu defecto, que poda formarse para traballar. Os nosos gobernos repiten unha e mil veces que aforran precisamente para garantir eses mínimos vitais, así como o acceso á saúde e á educación. Pero non foi esa a realidade de Grecia ata hoxe. Por iso, unha maioría de cidadáns gregos optou por cambiar a política, por ver se podían cambiar o modelo social.

Un cambio na política?

Todo parece indicar que o cambio que pretendeu Nova Democracia (“cambiar todo para que nada cambie”, como recomendaba Il Gattopardo) acabou fracasando na política grega. E que a súa pretensión de disolver o parlamento e forzar novas eleccións non serviu para crear unha situación ingobernable que lles devolvese o poder de forma rápida.

O cambio político en Grecia parece profundo e duradeiro. Non porque vaia durar SYRIZA, que aínda está por ver; senón porque o bipartidismo clásico esfarelouse e nada fai pensar que se poda reconstruír no curto prazo de tempo. Ese simple feito vai traer cambios en Europa: ou Grecia é expulsada (con consecuencias imprevisibles) ou hai unha revisión parcial das políticas de recortes, na liña de promover a cohesión social. Ora ben, nesta segunda hipótese non imos de cara a ningún cambio radical no proxecto europeo. Máis ben, dunha nova lexitimidade á sensibilidade socialdemócrata (e, de paso, á demócrata-cristiá) fronte ao actual predominio do neoliberalismo.

Por iso considero que non estamos diante de ningunha revolucións da esquerda radical (aínda que SYRIZA leve ese nome), senón ante unha seria invitación a reflexionar sobre o tipo de sociedade que queremos construír.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s