Outra vez Lampedusa

Ninguén que sexa sensible á problemática dos dereitos humanos, ás relacións Norte – Sur e á construción dunha comunidade política a nivel mundial baseada nos principios de liberdade, igualdade e fraternidade pode deixar de conmoverse e indignarse coa nova traxedia na canle que separa Sicilia de África, perto de Lampedusa.

Máis de trescentas persoas perderon a vida logo de desafiar un mar furioso, con vagallóns de seis metros de altura e un frío polar en superficie, e perder a vida no intento.

As mortes por naufraxio era difíciles de evitar; pero as que se produciron por hipotermia non: abondaba con que estivese en funcionamento o programa Mare Nostrum, cun barco de gran envergadura, ben dotado e traballando en proximidade, en vez do programa Tritón, de barcos miúdos e mal dotados, xeridos polo FRONTEX.

Giusi Nicolini, alcalde de Lampedusa díxoo ben claro: “Os barcos pequenos foron tragados por completo polas ondas na viaxe de volta. Se o Mare Nostrum funcionase aínda, os inmigrantes poderíanse refuxiar nun barco maior en só unha hora”.

Despois da conmoción debe vir a acción colectiva para reclamar unha solidariedade efectiva coas persoas que foxen das guerras e das matanzas de Oriente Medio, e das que foxen da miseria da África Central.

É a nosa responsabilidade.

lampedusa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s