O príncipe dos mercados

Participei na gravación do documental “El príncipe del mercadillo”, dentro do programa EQUIPO DE INVESTIGACIÓN, de La Sexta TV. A temática do desterro dos xitanos zamoranos venme ocupando desde hai anos (nos precedentes á actual situación tanto en Marín coma no propio Porriño). E non podía negarme a expoñer a miña visión dos feitos, porque o silencio é unha das peores formas de complicidade fronte á inxustiza.

O meu principal medo é que esta reportaxe sirva para reforzar os prexuízos e os estereotipos sobre os xitanos, en vez de promover unha reflexión sobre a complexidade de construír unha sociedade libre en contextos multiculturais. Non porque eu dubide sobre o enriquecemento mutuo, senón porque o principio de universalidade debe conxugarse coa existencia de diferentes interpretacións das normas comúns; e coa existencia de normas específicas que corresponden a un determinado grupo cultural e non á maioría do corpo social.

A miña análise, e teño dúbidas de que apareza, é que determinados roles sociais non son somente froito das dinámicas internas das minorías e a súa propia lóxica da convivencia. En ocasións é a cultura dominante a que elixe as pautas das culturas minoritarias que lle resultan funcionais. E mesmo son grupos de interese particulares, que actúan para o propio beneficio, quen consolidan esas anomalías da convivencia. Para xustificar ese comportamento, asígnaselle á diferenza cultural como orixe.

Teño denunciado que esa interpretación das culturas é fortemente lesiva contra os dereitos humanos das minorías, pero aparece demasiadas veces disfrazada de protección da súa idiosincrasia. Agardo que no futuro cada persoa poida tomar as decisións que lle parezan oportunas para a súa propia vida, sen ter que dar conta a outras persas que non a queren ou non a aprecian; respectando só ás autoridades recoñecidas publicamente, porque garanten a convivenica común.
http://www.lasexta.com/clipping/2015/02/18/00221/28.jpg

Advertisements

2 Replies to “O príncipe dos mercados”

    1. Recoméndoche O Rromipén, Cltura Xitana. Festa da Palabra Silenciada 19- ano 2004.
      O problema é difícil. Coñézoo un pouco. O racismo é mútuo. Teñen moito orgullo e non se queren integrar. Tal vez por iso os admiro tanto. Pero cómpre ter valor e seguridade para tratalos. E saber que se mofan de ti e se senten superiores aos payos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s