O soño de Europa e a renuncia Grega

A situación actual de Grecia é moi delicada. O actual goberno pretende gañar tempo para convencer a propios e estraños de que sabe aplicar unha política realista, acaída ao sistema económico mundial, na súa variante europea, e, a un tempo, quere manter o soño dunha Europa onde os cidadáns, a través dos votos e outros mecanismos de participación, toman as decisións importantes. Os políticos, nesa utopía postulada por Siriza, só executan esas decisións. O soño de Europa de Siriza ten dúas dimensións irrenunciables: pretende recuperar a soberanía nacional como compoñente irrenunciable para que as decisións sexan da xente que forma parte dun proxecto colectivo e non das elites económicas; pero tamén quere construír unha cidadanía europea e mundial baseada nunha austeridade que poña ás persoas por diante do lucro, aos pobres por riba dos beneficios das grandes corporacións e a dignidade por riba do diñeiro.

Gianis VaroufakisSe Grecia non se rendía neste primeiro envite, vista a absoluta intransixencia alemá, ficaba só a vía nacionalista, apelar á solidariedade entre os pobos de cultura ortodoxa (ou o que é o mesmo, entre gregos e eslavos), e facer voar polo aire a Unión Europea tal como a coñecíamos. Sabendo que esa alternativa ficaba en mans do antigo axente do KGB Vladimir Putin, coido que non é unha mala nova aceptar unha renuncia temporal, con tal de poder manter o soño de outra Europa.

O problema está en que a renuncia pode envelenar os sonos, crear fendas entre as persoas que creran nun futuro mellor para Grecia e para o mundo, ou mesmo acabar por converterse nun hábito para conservar algunhas cotas de poder e de xestión. Estas tres cousas aconteceron antes con proxectos políticos que quixeron ser de emancipación e convertéronse no triste consolo dos que renuncian a soñar. Esperemos que Grecia, como fixo nos tempos de Xerxes, sexa quen de salvar a Europa da barbarie.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s