As fogueiras da noite

“Manolo de Mondariz” morreu queimado en Vigo

Incendio mortal en Vigo
Foto M. Moralejo

O luns apareceu queimado, atrapado por unha verxa metálica nun negocio abandonado, un home que foi identificado como estranxeiro pola policía, pero a quen os seus compañeiros chamaban “Manolo de Mondariz“. A identificación máis próxima, ofrecida en primeira instancia por Wojciech Jonuss Tokarz, un polaco sen fogar que convivía na ruína coa vítima, resultou ser a verdadeira. Chamábase Manuel Pereira e era de Sabaxáns, onde será enterrado hoxe, 5 de marzo.

A proximidade xeográfica da vítima coa terra da miña infancia fai aínda máis aguda a dor que me provoca esta nova evidencia de que a exclusión social provoca a morte antes de tempo.

Quero deixar constancia de que o tratamento dos medios de comunicación oscila entre a despersoalización e o sensacionalismo, sen proximidade real co drama das persoas sen fogar. A terminoloxía (okupas, indixentes…) continúa estando moi lonxe do drama humano da exclusión social severa.

Tamén considero imprescindible facer unha anotación sobre a necesidade de recursos de emerxencia que complementen o labor do albergue público e da iniciativa social. Onte mesmo ardía un edificio abandonado no camiño do Romil, acaso por unha nova fogueira na noite. Cantas vítimas máis necesitamos para reaxir?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s