Remata o inverno

Chegamos para atar a viña e darlle un alto á parreira dos kiwis. Coma sempre, unha visita de traballo, con tempo escaso para escoitar os primeiros paporrubios, o xígaro e o pardal que saúdan ás últimas raiolas do sol de inverno. Case sen oportunidade de oír o canto do río na curva do Inquiau. E sen gozar das cores que saúdan o ceo limpo polo vento norte, como se un deus alegre acabase de pintar o mundo.

A Torre do ReloxoNa solaina, ao agarimo de Bóreas, quenta o día conforme avanza de cara o alto do ceo a luz do equinocio. As lembranzas dos tempos idos agroman nas cepas e agabean polas paredes canda as edras…

Arnoia a fin de inverno

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s