O emprego en marzo

Os datos do Servizo Público de Emprego confirman que marzo foi un bo mes para o emprego. Para que a comparación teña sentido, máis que preguntarnos polo pasado mes de febreiro, debemos atender aos datos de marzo de 2014. Galicia pasou no último ano de ter 276.463 persoas inscritas como desempregadas hai un ano a ter 252.137. Trátase dun descenso de 24.326 persoas (un 8,8% menos do que ahí un ano).

Asináronse en Galicia 63.842 contratos de traballo dos que 57.963 eran eventuais e 5.879 tiñan a forma contractual de indefinidos. A afiliación á Seguridade Social medrou un 0,57% durante o mes de marzo. As persoas afiliadas son agora algo máis de 923.000, un 1,88% máis que hai un ano.

Unha nova así debe dar, sobre todo, para alegrarse pola xente que consegue traballar, que comeza a ver unha expectativa de vida de seu, que pode respirar logo de tanto aguantar a respiración.

Veño insistindo durante os últimos meses en que os datos son sólidos, que non se agarda xa un derrube do emprego e que mesmo podemos estar diante dunha recuperación máis rápida do que se albiscaba hai un ano. Os salarios son máis baixos e as xornadas máis curtas que cando comezou a crise. Pero hai tanto tempo, que agora estamos ante unha feira nova. Xa non toca facer de agoreiros dun desastre que non vai chegar (agora polo menos). Trátase, máis ben, de reflexionar sobre os náufragos que van quedando nas ribeiras e nas praias, entre cantís e penedos. Porque son ducias de miles, a pesar do crecemento do emprego e da emigración que non cesa…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s