Eu tamén quero ser Kenya

Eu son Kenia

Ás veces parece que unhas mortes pesan máis que outras na opinión pública e na conciencia colectiva. Parece claro que o atentado, ou por mellor dicir, a matanza de Garissa conmove menos a conciencia occidental que o atentado de Charlie Hebdo. Non serei eu quen abonde máis sobre esa cuestión: a proximidade xeográfica e cultural coas vítimas, a capacidade das empresas de opinión e comunicación occidentais e as axendas dos nosos gobernos pesan moito máis que a distancia xeográfica e cultural con África central, a escasa capacidade das súas institucións culturais para incidir na nosa conciencia e a incapacidade do seu goberno para interferir na nosa axenda explican suficientemente as innegables diferenzas nas nosas respostas colectivas.

Sen embargo, o acontecido en Kenya é da nosa indubidable incumbencia nun mundo globalizado coma o noso. Ninguén debería esquecer que o atentado contra a embaixada dos Estados Unidos en Kenya (e non os atentados do 11 de setembro de 2001) marcaron o comezo cruento das hostilidades entre Al Qaeda e a potencia americana. Tamén convén lembrar que o conflito de Somalia foi a retagarda da suposta loita contra o terror. E os seus resultados sobre o terreo son tan desalentadores como o rosario sen fin de conflitos en Oriente Medio a conta da invasión de Irak e da guerra de Afganistán. Por último, non perdamos de vista o enésimo enfrontamento entre o poder sunnita, apoiado por Occidente, e as milicias xiítas, coa simpatía de Irán, en Iemen, un país veciño de Somalia e igualmente clave no control do estreito de Bab el-Mandeb. A posición de occidente reforza militarmente a Al Qaeda no Noreste (Iemen) e imposibilita o seu control no Suroeste (Somalia e os territorios musulmáns de Kenya).

Fronte á incoherencias occidentais, os países africanos de pluralidade tribal e relixiosa deberían poder procurar unha convivencia pacífica, baseada na cidadanía compartida e non nas múltiples identidades que poden alimentar moi diferentes conflitos. Pero esa procura da paz interior, baseada no pluralismo e na convivencia só é posible se existen proxectos de longo prazo libres de tributos ás potencias colonizadoras. Non se albiscan esas utopías no noso mundo actual.

Por último, considero que hai que volver os ollos para a traxedia que supón para un país con dificultades para o desenvolvemento da Educación Superior a perda dun número tan importante de estudantes universitarios. É unha traxedia para o pobo enteiro, non só para as súas familias.

Na nosa responsabilidade está volver para eles os nosos ollos. E solidarizarnos coa dor e coa procura da Paz e da Xustiza.

Advertisements

One thought on “Eu tamén quero ser Kenya

  1. As raíces de onde xermolou ese atentado son longas e difíciles de quitar da terra. As “culpas” son tan variadas e distantes. Mais non hai cousa que non mellore con xustiza social. Xa non serve de nada o “fuches tí”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s