Dereito de asilo

http://monicafrassoni.it/il-naufragio-lampedusa-tragedia-infinita/
http://monicafrassoni.it/il-naufragio-lampedusa-tragedia-infinita/

Esta semana volveu naufragar unha embarcación entre as costas de Libia e Italia, morrendo catrocentas persoas. Algunhas destas persoas tiñan Europa como destino desde o comezo. Pero outras trataran de vivir en Libia ata que se lles fixo insoportable o caos en que está sumido o país. Capítulo a parte merecen as persoas que foxen de Siria, escapando da guerra, da fame e do terror. A Primavera Árabe, que ía traer a democracia, serviu só para acabar cos restos do partido Baaz e co soño dunha sociedade árabe laica e próspera. No seu lugar sementamos terror e intolerancia … Pero a vella Europa non está sendo nada xenerosa á hora de acoller ás vítimas destes conflitos nos que tivo que ver, por fas ou por nefas. Negándolles o asilo facilita o control das fronteiras, pero dificulta a vida de quen precisa asilo. Ademais, ofrece unha imaxe verdadeiramente deplorable do que significa o seu papel na escena internacional. Lonxe de calquera forma de acción humanitaria, dáselle prioridade á posta en escena das barreiras que separan o mundo pobre e violento que nos cerca da fortaleza de seguridade e opulencia en que vivimos.

Christelle Nangnou.Esa posta en escena non ten entrañas nin sequera para as formas máis evidentes de discriminación. Unha persoa pode ser perseguida no seu país, a súa vida estar en perigo, e ese feito non constituír sequera unha razón suficiente para darlle asilo. O Estado Español, que presumiu durante case unha década de ser o máis tolerante en materia de Dereitos Humanos de Terceira Xeración, pode facerlle pasa vintecatro días nun aeroporto a unha cidadá camerunesa porque non lle parece razón suficiente para acollela que a súa vida estea en perigo por decidir sobre a súa vida e sobre a súa sexualidade. De feito, España rexeita o 95% das peticións de asilo que recibe. Algunhas, sen dúbida, non suficientemente motivadas. Pero moitas inclúen guerras, conflitos étnicos, violencia relixiosa e outras formas flagrantes de discriminación e de persecucións dos débiles.

Para recuperar a nosa dignidade de cidadáns do mundo, non abonda asinar canta solicitude caia nas nosas mans a prol do dereito de asilo. Accións desa natureza sitúannos no camiño da humanidade. Pero só avanzaremos nel se somos quen de crear un movemento a prol dos dereitos civís que non só inclúa o dereito á liberdade de expresión e de manifestación, actualmente vulnerados; cómpre incluír o dereito de asilo como un dereito inalienable, por riba dos intereses xeopolíticos inmediatos. Non pode ser que o papel de xendarme das fronteiras do Sur de Europa ou os intereses comerciais con terceiros países pasen por riba da vida das persoas dunha forma tan ofensiva como a que estamos a vivir nestes días!

Advertisements

One thought on “Dereito de asilo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s