Así pesan os mortos de ninguén na nosa conciencia

Barcazas

COSÌ QUEI MORTI DI NESSUNO PESANO SULLE NOSTRE COSCIENZE

O Mediterráneo converteuse nunha fosa común. Máis de 900 mortos. Mortos sen historia, mortos de ninguén. Desaparecidos no noso mar e axiña cancelados das nosas conciencias. Sucedeu onte, un barco que afunde, os migrantes- é dicir, persoas, homes, mulleres e nenos-que son tragados e convértense en pantasmas. Pero xa sabemos tamén o que pasará mañá. E nunha semana. E nun mes. Cambiando a nosa emoción por indiferenza.

Repite unha noticia todos os días, coas mesmas palabras, os mesmos tons, mesmo sinceros e dolorosos, e tes como resultado que xa non se escoite máis. Esa historia non terá atención, parecerá sempre a mesma. Sempre será a mesma. “Mortos en barcazas”. Algo que conta para adeptos aos traballos, historia para as asociacións, desesperación invisible.

Agora, xusto agora, estamos a falar diso só porque os mortos son 900 ou talvez máis: cifra enorme, inhumana. Se aínda ten sentido esta palabra. Seguimos sen saber nada deles, pero estamos obrigados a facer contas coa traxedia. Facer contas: porque sempre e só falamos de números. Faltando dous ceros no parte de defunción que non o teríamos sequera “sentido”. Porque agora é só unha cuestión de números (ou detalles dramáticos como “migrantes cristiáns empuxados ao mar polos musulmáns”) marca a diferenza. Non para os individuos, non para as sensibilidades privadas, senón para as comunidades que deberíamos representar, que deberían representarnos. Porque á persoal indiferenza, mesmo comprensible, únese a unha disputa política de declaracións: pelexas, acusacións, tons violentísimos.

Ninguén consegue facer aquelo do que temos máis necesidade: facer entender. Poucos se comprometen: Médecins sans Frontières coa campaña #milionidipassi tenta contar, sen reducir estas persoas ao seu problema. É dicir, a “prófugos, clandestinos, extracomunitarios”: palabras que dilúen a especificidade humana para facernos sentir menos o desperdicio infinito diante traxedia.

Moitos políticos, mesmo neste momento, choran. Salvini fala de “invasión”, cando en realidade a maioría dos que chegan aquí non quedan en absoluto en Italia senón que van a Francia, a Alemaña ou a Europa Oriental. O M5S (Movemento 5 Stelle) que nas súas propostas abrira un debate interesante, lamentablemente deixouse tentar movendo o centro de gravidade da cuestión de “salvar vidas” á da “expulsión”, asumindo esa lóxica falsa conforme á que canto máis difícil sexa a entrada clandestina en Italia menos tentativas de chegar ás nosas costas haberá. Non é así, non non se salvan vidas coa rixidez das fronteiras e non só o amosa a experiencia italiana, senón tamén a americana.

Basta ler o libro La bestia” de Martínez para entender como o fluxo de inmigrantes ilegais desde México aos Estados Unidos raramente son administrados e resultan imparables. A cuestión é que debería ser o primeiro obxectivo: salvar vidas, coidar. En cambio logrouse facer aparecer este desexo como ridículo, romántico, inxenuo. Calquera reflexión sobre a dor dos demais, daqueles que veñen dun “submundo”, debe ser contida. Hai unha economía no frufrimento. Calquera que reflexione sobre a dor, que mida a traxedia humana, que pretenda espertar do letargo das contas dos afogados é inscrito enseguida como membro do movemento “boísta”. “Boísta” é a acusación para aqueles que non queren perder o tempo en entender e xa existe a solución a solución: rexeitamentos, arrestos, bloqueos.

Unha mestura de frustración persoal buscando o responsable do seu malestar, un desexo de considerar realista e convincente só a solución máis autoritaria. A bondade considerada como un sentimento hipócrita por definición. E, o que é peor, unha calidade moral que só pode ter a persoa perfecta, cándida, pura: daquela ninguén excepto os mortos, cuxa vida se transfigura e cuxas accións pasaron xa. Calquera persoa que tenta, na súa imperfección humana, actuar de forma diferente é marcado cunha única opinión: falso. A bondade convértese en sentimento sen cidadanía, ridículo, precisamente porque non se pode lograr a menos que cheguemos á rotunda perfección. Isto é cinismo miope, que liquida todo con sarcasmo celoso.

Obvio que non é concebible racionalmente unha desemesurada aceptación universal, sen regras, pero o camiño tomado de medias concesións e medios rexeitamentos xa non se sostén. O peso político que deberíamos ter sendo Estado – Bisagra non foi recoñecido. Deberíamos pretender encontrarnos co resto de Europa no tema da inmigración. Deberíamos pretender ser escoitados, sen sen que”o problema” fose descargado sobre nós, delegado a nós.

A perenne campaña electoral de Renzi, que a nivel internacional parece máis querer comprar unha credibilidade diplomática en lugar de propor e impor temas, non nos está a axudar pero parece mesquiño cargarlle toda a responsabilidade a goberno. Europa cala culpablemente, e, sen embargo, podemos cambiar as cousas. Podemos esforzarnos en interpretar, en contar, en non permitir que estas vidas sexan esmagadas e perdidas desta maneira. Que sexan deixadas atrás, tan atrás que desaparezan da nosa vista. Converténdose en pantasmas, estereotipos, en amoladuras. Inventarmos camiños secundarios, reunir en nós toda a creatividade posible. Falar na televisión e na web pero dunha maneira diferente: como dixemos “prófugos” ou “inmigrantes ilegais” son termos que dilúen a especificidade humana mediante a construción dunha irreal distancia reduce o volume da empatía. Debemos pedir aos partidos o nomeamento de candidatos, homes e mulleres, que proveñan desta experiencia, abrirlles as universidades. Todo isto diminuirá o consenso político arredor da solfa de “primeiro nós e logo eles”? Probablemente si, isto sucederá. Pero só na primeira fase; axiña nos daremos conta do enorme beneficio que teremos.

A historia de desembarcos e dos fluxos de migrantes debe converterse nun tema que o goberno sinta como fundamental polo consenso que ten. Renzi e o seu goberno están ansiosos por responder cando un tema chega a ser popular e mediático: se perciben que o xuízo sobre eles será determinado polo problema da migración comezará a espabilar, para atopar unha nova estratexia para ter unha aparencia nova.

O semestre italiano en Europa foi unha decepción profunda en canto ás propostas sobre os fluxos de capitais criminais (tiveron a oportunidade de propor o tema do branquexo de capitais) e en canto á emigración. Pero neste momento é inútil o arrepentimento polo que non se fixo; é necesario que Europa decida dun xeito diferente. Dar un espazo que non sexa episódico á vivencias dos migrantes. Que a televisión os acolla, comezando a pronunciar ben os seus nomes e os das súas nacións, contando a súa vida cotiá e a súa resistencia. Os únicos que representan nesta hora o que Europa debería ser son os italianos, os moitos italianos que salvan vidas todos os días arriscando violar as leis. A figura que resume estes italianos enchidos de honra é descrita polo pescador Ernesto na preciosa película “Terraferma” de Crialese que viola a orde de manter o seu pesqueiro lonxe dunha lancha neumática respondendo cun simple, humano e poderoso: “Io gente in mare non ne ho lassata mai” (eu xente no mar non deixei nunca).

Roberto Saviano

Advertisements

One thought on “Así pesan os mortos de ninguén na nosa conciencia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s