Unha solución para Libia

A crise humanitaria das dúas ribeiras do Mediterráneo comezara a adquirir unha dimensión dramática hai anos. Pero nas últimas semanas a situación foise revelando como insostible. Consternado polo naufraxio de catrocentas persoas a pasada semana, tiven a necesidade de reflexionar sobre o dereito de asilo. Logo, a morte de máis de oitocentas persoas este domingo levoume a traducir a reflexión de Roberto Saviano sobre o rescate no mar e sobre a necesidade de dar prioridade á vida humana sobre as leis e a garda das fronteiras.

Pero fica aínda unha dimensión sobre a que se veñen publicando diferentes opinións, cincidentes na responsabilidade de occidente, e particularmente de Europa, na situación xeral do continente e da actual desfeita de Libia como país. Pola miña parte, xa teño manifestado que a visión das potencias occidentais respecto da Primavera Árabe reduciuse a unha oportunidade para acabar de liquidar os restos do partido Baaz e, con el, a posibilidade de crear unha vía laica e democrática para a ribeira Sur do Mediterráneo e para Oriente Medio. Son consciente da deriva autoritaria do baazismo, que comezou acaso xa en vida de Nasser. Posiblemente o seu declarado populismo, o seu medo ao marxismo e a súa simpatía co bloque soviético (imposibles de entender desde a mentalidade occidental, que considera contradictorias estas premisas), levase no seu cerne ese autoritarismo. Pero non hai dúbida de que representou unha alternativa ás formas confesionais de comprender as relacións entre o Islam e as sociedades modernas. Abonda con ler a Amin Maalouf (e, concretamente, o soberbio ensaio Le dérèglement du monde para decatarse de ambas cuestións.

Daquela, non abondaba liquidar a Sadam Hussein, a Muammar al-Gaddafi ou a Bashar al-Assad para levar a democracia a eses países. Non sen razón pintou Goya que o soño da razón produce monstros. Porque o Estado Islámico é un froito directo desa política asasina que non quere nin pode comprender o mundo desde outros ollos que os intereses occidentais. Ninguén sabe xa que facer cos restos do que foi Irak e de Siria. Porque os xiitas, en tempos os principais inimigos de Occidente na rexión, e aínda acosados polos aliados de occidente en Iemen e Palestina, aparecen como os únicos salvadores posibles do pouco que fica de civilización por eses lares, berce da civilización.

LibiaPrecisamente nese contexto é onde hai que reclamar unha solución (autóctona, democrática, laica e pluralista) para Libia. Esa solución, que hoxe semella imposible, non será posible mentres prefiramos o petróleo barato e o imperio das mafias e das faccións armadas antes que artellar novos camiños para a xestión libre e soberana dos propios recursos e do propio territorio. Acaso esa pretensión estea excesivamente próxima ás proclamas do libro verde para semellar aceptable. Pero sería a única óptica que aceptable para un país europeo. Debemos comezar a aceptar que só é válido para África, comezando por Libia, o que vale tamén para Europa. As dobres varas de medir acaban por deteriorar a nosa conciencia e, o que resulta peor, a convivencia planetaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s