O abalo da crise para os débiles

Hai anos, cando a crise era unha evidencia innegable, comezamos a dicir que o día que rematase para a maioría social, aínda faltaría por vivir o máis negro para as súas vítimas. Pois ben! Teño o convencemento de que pasou o peor. E que está comezando a verse a negrura que anunciabamos. Coido que podo resumila en cinco misterios de dor: a extrema debilidade das políticas sociais, unha dualización social social e laboral crecente, a prioridade polos menos afectados pero máis fáciles de rescatar, a crecente invisibilidade do sufrimento e a satisfacción dos que van vendo de lonxe o sufrimento alleo.
1. Debilidade das políticas sociais. Poñamos só un exemplo de hoxe mesmo: a RISGA, reforzada administrativamente, cunha Lei mellorada, cun orzamento crecente ano tras ano, acumula retardos de máis dun ano para algúns casos; e non chega para atender á cantidade de persoas que van quedando sen protección social.

Manuela Tomei, directora do departamento para as Condições de Trabalho da OIT. PEDRO ELIAS
Manuela Tomei, directora do departamento para as Condições de Trabalho da OIT. PEDRO ELIAS

2. Dualización social. Hai un mercado de traballo emerxente que non dá estabilidade nin dignidade. Non o digo eu: publícao o xornal portugués Público, nunha entrevista á directora departamento de condicións laborais da OIT.

3. Prioridade aos menos afectados, pero máis fáciles de rescatar. Non hai máis que ver como as políticas de emprego están centradas nas persoas que están máis perto do mercado de traballo, esquecendo aquelas persoas que van ficando máis lonxe. Xa pasara na crise do emprego dos anos 1992 e 1993, cando a recuperación do emprego tardara catro anos en achegarse ás familias con todos os seus membros en paro.

4. Crecente invisibilidade do sufrimento. A medida que aquelas clases medias que viran en perigo o seu status van vendo as pantasmas da crise cada vez máis de lonxe, os rostros do sufrimento van perdendo humanidade, ficando reducidos a aquel rol de “malos pobres”, para os que non hai solucións, fronte aos pobres bos, que son os que merecen e obteñen as axudas para a inserción social e laboral.

5. A satisfacción dos que saen do buraco. É bo alegrarse. Ninguén ten culpa de facelo. Pero o feito mesmo de que haxa quen consegue saír do máis escuro do desemprego e a exclusión, non é sequera unha boa nova para quen segue ficando atrás, desde o seu punto de vista cada vez máis atrás.

Hai quen se anime a demandar unha atención renovada para quen máis sufre?

Advertisements

One thought on “O abalo da crise para os débiles

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s