O Galego, Garantía de Futuro

De volta de Romanía, onde estiven por motivos de traballo, participei na manifestación de Queremos Galego con motivo do Día das Letras.Día das Letras 2015
Non estou seguro de que a estratexia de dignificación cultural que escolleu a memoria das escritoras e escritores do país como motor da memoria e do futuro pase polo seu mellor momento. Agora discutimos polos nomes de quen se debe honrar, e non pola honra do idioma. Triste lideira!
Non é que considere estéril o debate sobre a persoa que recibe a homenaxe. Pero entendo que debe prevalecer esa memoria da lingua que nos fai gañar o futuro.

Vexo, en troques, que os inimigos da nosa lingua están satisfeitos polas numerosas fendas na nosa estratexia, moi lonxe de ser unitaria e consensuada entre os defensores do idioma. E, mentres, o galego esmorece!

Oxalá poidamos recuperar o gozo por crear en galego. E non só pola creación literaria non pola audiovisual, tamén reivindicada onte. Sobre todo, pola creación diaria da comunicación plena en galego.

Mil primaveras máis para a nosa lingua! Mil primaveras máis para o noso pobo!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s