Mondariz 1936

image

A pesar da marea de cambios que se albiscaban no horizonte electoral deste domingo 24 de maio,  debo confesar o meu absoluto escepticismo ata onte á noite. Nacín nun lugar onde as eleccións municipais non serviran para cambiar ningún alcalde desde 1936. Foran os gobernadores civís da provincia ou as herdanzas internas de partido (isto só nunha ocasión).

Afeito aos carrexos,  ás presións e mesmo á extorsión,  á dificultade cotiá para o voto libre e á compra de favores, non teño demasiada fe na afirmación de que a Administración Local é a máis democrática porque é a máis próxima ao cidadán.

Pero onte á noite gañou Calis da Alternativa por Mondariz,  e poderá gobernar coa axuda do BNG. Eu non contribuín en absoluto a este resultado. Pero teño a responsabilidade de compartir a emoción do meu irmán Emilio:

Pola avoa Concha, polo avó Bautista, por Faro, o padrinho de mamá, polo pai da “senhorita Carminha”  o último alcalde democrático de Mondariz…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s