Muras

A pesar do meu escepticismo, Mondariz non foi a única sorpresa agradable da noite electoral. Recibín con entusiasmo o cambio acontecido no Concello de Muras.

Tiven que tomar unha decisión sobre a compatibilidade entre a representación política e a coordinación dunha entidade social. O meu punto de vista básico é que a representación social e a representación política son incompatibles porque o ámbito do político tende a fagocitar ao social. Sobran exemplos de instrumentalización para mostrar esta tendencia. Pero Muras e Lugo, que eran os ámbitos de representación local suficientemente afastados como para interferir entre si. E a persoa que solicitaba a compatibilidade tiña unha ética persoal que facía posible que ambas dinámicas non interferisen. Por iso, en contra do meu criterio, aceptei que era posible unha militancia política pública, con representación municipal, e unha representación técnica dunha entidade social.

A xente valorou a xestión deste home na oposición, nun momento de desafección respecto dos gobernantes. E entendeu que era posible un cambio que puxese os recursos do territorio ao servizo das persoas. Por iso agora está a abrirse un tempo novo.

Os meus parabéns, Manuel, e moito ánimo!

  

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s