Tarek Aziz

Entérome por un artigo de X. M. Ferrín en Faro de Vigo que ven de morrer Tarek Aziz, que fora a man dereita de Sadam Hussein nun Irak laico e independente, pacífico e non exento de certo autoritarismo e militarismo. Admira Ferrín a súa condición de cristián caldeo, que amosa que o arabismo non ten por que ser islamista, o seu convencemento socialista e laico, e a súa adesión á crítica do colonialismo e á defensa do Terceiro Mundo como alternativa xeopolítica e non como categoría de pobreza e exclusión a nivel mundial.Tarek Aziz

Cando desapareceu a Unión Soviética e mudaron os equilibrios xeopolíticos en Oriente Medio, os Estados Unidos consideraron o Baazismo como un inimigo próximo a Rusia e aos credos socialistas, e como un impedimento para facerse coas reservas de petróleo do Golfo Pérsico. A invasión de Kuwait e a primeira Guerra do Golfo foron a excusa perfecta para comezar unha escalada militar que non concluíu coa segunda Guerra do Golfo, senón que segue agora mesmo en plena actividade, co establecemento do Califato por parte do ISIS. Vista desde hoxe, a eliminación do Baazismo (co asasinato de Sadam Hussein e a condea perpetua de Tarek Aziz) foi un erro histórico que acarrexou unha dor e un sufrimento a todo o Levante que non poden ser comparados cos excesos cometidos polo Partido Socialista Árabe no poder.

Cómpre reivindicar aqueles tempos idos para saber que outras formas de convivencia son posibles nas nacións árabes. Pero cómpre que a cobiza occidental non interfira con razóns innobres naquelas terras. Era máis doado democratizar e modernizar aquel Irak que o actual Estado Islámico.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s