Chistes antisemitas (piadas)

0. Piada

Do dicionario Estraviz

s. f. 
(1) O piar das aves.
(2) Ninhada de polos. 
(3) Dito ou brincadeira engraçada. 
(4) Característica de quem ou de aquilo que desperta algum interesse. 
(5) História curta de final surpreendente contada para provocar risos.

1. Os feitos e o seu contexto

Leo con preocupación a literalidade da piada (chío e chiste a un tempo) de Guillermo Zapata sobre a forma de meter cinco millóns xudeos nun 600. Prodúceme horror! As desculpas posteriores dan conta dunha persoa con sensibilidade ética que cometeu un grave erro; dan conta do arrepentimento. Pero non son suficientes para emendar o problema de fondo: a banalización do mal, a trivialización do holocausto.

Rows of bodies of dead inmates fill the yard of Lager Nordhausen, a Gestapo concentration camp.  This photo shows less than half of the bodies of the several hundred inmates who died of starvation or were shot by Gestapo men.  Germany, April 12, 1945.  Myers.  (Army) NARA FILE #:  111-SC-203456 WAR & CONFLICT BOOK #:  1121
Rows of bodies of dead inmates fill the yard of Lager Nordhausen, a Gestapo concentration camp. This photo shows less than half of the bodies of the several hundred inmates who died of starvation or were shot by Gestapo men. Germany, April 12, 1945. Myers. (Army)
NARA FILE #: 111-SC-203456
WAR & CONFLICT BOOK #: 1121

Precisamente, a discusión na que se insire a piada trata sobre a posibilidade de empregar o humor para poñer en solfa as verdades aprendidas. A miña posición sobre o particular é que debemos aprender a rir dos nosos defectos, das nosas desgrazas e dos nosos dogmas. Cando se trata de rir dos dogmas alleos, teño xa algunhas dúbidas. Igual que fun capaz de rir dos meus convencementos, e a risa serviu para purificalos e para reforzalos, considerei que tiña dereito a rir dos alleos, e a risa serviu para ferir e para enfurecer, pero non para purificar e para sandar a do dogmatismo.

Ora ben, non considero que ninguén teña o dereito de rir dos males alleos, e menos cando eses males son un plan maléfico para exterminar un pobo e a súa cultura, e cando o resultado son cinco millóns de mortos.

2. Os delitos de odio e a memoria histórica

Ora ben, para comprender de forma cabal o contexto da discusión, non abondo falar dos horrores do holocausto ou da Kampuchea de Pot Pot. É necesario tamén tomar en consideración que vivimos nun país en que é máis doado entrar nun campo de fútbol cunha bandeira nazi que cunha estelada. E que a exhibición de símbolos nacionalistas (léase periféricos) en contextos “patrióticos” pode constituír un delito, pero non o é a exhibición de bandeiras pre-constitucionais que evocan un réxime autoritario que simpatizou abertamente co nazismo. A fortiori, a eliminación dunha bandeira constitucional constitúe un delito, pero a queima de bandeiras nacionalistas constitúe un simple exercicio de crítica política.

Vivimos nun Estado que ten graves problemas á hora de definir os delitos de odio, porque non ten o valor de afrontar seriamente os problemas derivados da vivencia da Guerra Civil e da militancia dos vencedores a prol do fascismo e o nazismo. Así, os delitos de odio fican circunscritos ao politicamente correcto, en vez de referirse con claridade á memoria das vítimas.

Daquela, é posible facer bromas coa memoria de certas vítimas sen ningún tipo de consecuencia xurídica, mentres que outras teñen o amparo da Lei. Eu reivindico que as vítimas teñan o amparo das leis e da ética común, con independencia do bando ao que pertenzan en determinados conflitos.

3. Antisemitismo

A pesar dos intentos por circunscribir o antisemitismo á súa forma máis común, o antixudaísmo, cómpre reflexionar sobre a condición semita dos árabes; e que a islamofobia, na súa forma máis común, é un antisemitismo que omite a alusión á Arabia, por tratarse dun aliado estratéxico dos países occidentais, especialmente dos Estados Unidos e, en menor medida, do Reino Unido. Debemos lembrar as innumerables vítimas civís e militares da islamofobia a partir dos atentados do 11 de setembro de 2001, que serviron de xustificación de campañas militares de desbastadores efectos sobre a poboación de Siria, Iraq, Afganistán e Paquistán (estes dous últimos de relixión musulmá, pero non tradicionalmente de cultura árabe). Tamén debemos lembrar a eliminación sistemática do pobo palestino da súa terra, seguindo un plan que podemos cualificar como xenocida.

Pero eses feitos non poden xustificar a aplicación da Lei do Talión: o esquecemento do exterminio sistemático dos xudeus de Europa baixo o nazismo. Ollo por ollo e o mundo ficará cego!

O antisemitismo, que xa caracterizara ás sociedades medievais en Europa, retornou no século XX cunha violencia inusitada. É a nosa obriga pecharlle as portas, en todas as súas formas, para construír sociedades tolerantes e pacíficas.

4. Peche

Para o meu ver, no affaire Guillermo Zapata hai unha indubidable dimensión de caza de bruxas. Aqueles que non se escandalizan por nada do que fan os seus, procuran os erros alleos en milleiros de comunicacións ata dar cunha debilidade que se poida atacar publicamente. Lonxe de min esa intención! Non quero ser cómplice de ese tipo de linchamentos públicos. Pero creo que o sucedido debe guiarnos a percorrer tres camiños que seguen sendo necesarios:

  1. Debemos diferenciar con claridade entre os límites da legalidade e os límites da ética. Non todo o que é legal é tolerable para a convivencia e para a solidariedade.

  2. É necesario avanzar en regulamentos legais que penalicen a trivialización da morte e do exterminio cando son empregadas como ferramentas ao servizo do odio. Relacionar os delitos de odio e a memoria das vítimas é unha necesidade que transcende as fronteiras ideolóxicas clásicas e que marca a dirección dunha humanidade reconciliada.

  3. É imprescindible evitar que o conflito palestino, que merece toda a nosa atención, acabe por levarnos ao negacionismo e ao antisemitismo. Non é necesario negar a “Shoah” para combater o exterminio do pobo palestino. Ao contrario, hoxe é máis necesario que nunca comprender as diferenzas entre os métodos nazis e as modernas políticas de limpeza étnica, para non equiparar feitos históricos ben distintos na súa orixe, pero ambos perversos e destrutores da humanidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s