Unha horda na botica da paz

Veño de pechar unha viaxe curta pero intensa a Polonia. Trataba de descansar uns días ao tempo que procuraba a memoria da guerra en Europa e as consecuencias da barbarie nazi.
Teño a impresión de que tardarei meses en dixerir a experiencia de fondo desta viaxe. Pero podo adiantar que a construcción da paz é para min o motivo central da construcción europea. E, caso de perder de vista este camiño, os resto que podamos facer xuntos carece de transcendencia ou, o que é peor, consiste en repetir os mesmos erros cometidos en nome dos Estados nacionais pero cunha dimensión moito maior e potencialmente máis perigosa. Espero ter tempo de desenvolver este argumento.
Pero hoxe sinto a necesidade de partillar unha experiencia moito máis concreta, acaso menos trascendente, ainda que ilustra unha forma de manipular a memoria das víctimas da Soah que debe ser reflexionada e denunciada.
En Cracovia, fomos axiña visitar o museo que foi no seu día a fábrica de Oscar Shlinder, a que pasou de ser un campo de traballos forzados a constituír a arca de salvación dos xudeos da cidade. Ao saír, dirixímonos á botica que rexentaba a única persoa non xudea que viviu no gueto de Cracovia e desde onde facilitou a fuxida de numerosas persoas que pretendían escapar dunha morte xa anunciada.
Pagamos a entrada e comenzamos a mergullarnos na memoria do sufrimento máis extremo e da solidariedade máis incondicional, aquela que arrisca a propia vida e que está disposta a compartir a sorte última das víctimas. E, no medio desa meditación sobre o sentido da existencia, a botica foi invadida por un grupo numeroso de mozas e mozos, case adolescentes, que comezaron a rir, a gritar, a facerse fotos e a bromear. A penas poidemos facernos unha idea da súa procedencia e da lingua que falaban. En poucos minutos pasou a treboada e deixaron a botica en paz, aínda que con certo regusto a suciedade, como se acabase de producirse unha profanación. No aire quedou ao pairo unha pregunta: a que viñeron?
Sen poder respondela, había que buscar algunha pista. Os adolescentes tiñan unha estética máis próxima a un grupo de norteamericanos que de Europeos. Pero non faltaban en inglés, nin en lingua algunha que poida resultar comprensible en Europa. Pensamos que se trataba de xudeos do Estado de Israel. Podemos estar equivocados, pero é probable.

Pero, como conciliar esa hipótese coa falta de respecto polas vítimas? Acaso esta é a parte máis delicada da argumentación. Seguramente viñeron para reafirmar a súa superioridade moral, e tamén política, para facer ver que nós debíamos respecto ás súas vítimas, pero eles non lle deben respecto a ninguén, non están obrigados a respectar a memoria de ninguén, nin sequera das súas propias vítimas. Se isto fose certo, habería unha explicación para o proceder que estamos a percibir nos atentados recentes contra a vida dos diferentes e dos discrepantes no propio Israel.

Sería moi oportuno que os xudeos pacifistas e a presión internacional obrigase a que estes que hoxe profanan a memoria das súas propias vítimas e no seu nome crean outras novas, reconsideren que son unha nación entre outras, e que os direitos humanos son unha conquista fráxil que estamos obrigados a honrar día a día.

Advertisements

5 Replies to “Unha horda na botica da paz”

  1. Pero eran israelís ou non os rapaces? Se non o fosen, non había tema. Se o fosen, cómpren explicacións. Pero tan no centro do horror, tan próxima á barbarie, non se poden facer eses paralelismos. É inxusto. O exterminio planificado, brutral, industrial, o xenocidio -tratar de que desapareza o xen xudeu do mundo- nada ten que ver co duro conflito polo territorio entre os pobos xudeu e, digamos, palestino. Os parlamentarios árabes, a retirada do Sinai, de Gaza, de Líbano, nada hai que se pareza. Debemos, si, os amigos das partes en conflito, de animalos á paz a todos. Non creo que ninguén profane desde Israel a memoria das vítimas do Holcausto. Se cadra uns adolescentes cansos, cheos de que lle falen do tema, excédense, como o fan habitualmente nas visitas escolares de todo o mundo. Non creo que os israelís queiran hoxe nada máis que os consideremos como unha nación entre as outras e que a conquista dos dereitos humanos sexan honrada día a día. Sen dúbida, creo que Israel é, para xudeus, musulmáns, etc.- unha illa de liberdade en Oriente Medio. Deben arranxar o conflito territorial, sen dubída. Debemos forzalos. E debemos consideralos unha nación como calquera outra. E non tratar de exterminalos ou estigmatizalos promovendo boicots, etc. Unha aperta.

  2. Talvez.fosen israelis. Ou igual non . Dubido moito q uns.mozos israelis fixesen bromas nun entorno no q seguro moitos dos seus antepasados foron masacrados. O holocausto ten un significado maiusculo pro pobo xudeo e para Israel. Non caben medias tintas.

  3. Non parece axeitado extrapolar desa maneira en base ao comportamento duns adolescentes que só son eso: adolescentes. Polo demais, Israel non causa máis vítimas que as derivadas da súa lexítima defensa e que no 99,9% dos casos agrediron previamente a Israel. En canto aos dereitos humanos, poucas leccións se lle poden dar os israelíes nesa materia

  4. Metín esta tarde un comentario que non entrou. Algo debín facer mal. En todo caso Santiago, paréceme un pouco excesiva´s as conclusións que tiras. Primeiro non sabes con certeza a nacionalidade dos rapaces, segundo, ainda que foran como por outro lado afirmas, israelies, iso pouco ten que ver nin co conflito nin cun suposto “complexo de superioridade xudeu”. Estiven unha semana en Cracovia, estiven dúas veces en Auschwitz-Birkenau. E nunca esquecerei a imaxe de moitos mozos e mozas israelies sentados nas vias do tren. En silencio, envoltos na bandeira de Israel. En todo caso ainda que si foran israelies, crios malotes como hai aquí e en Finlandia, insisto que a túa conclusión é como mínimo excesiva.

  5. Supoño que sacarás as mesmas conclusións dos visitantes da Catedral de Santiago. De todas as nacionalidades e moitos deles ruidosos e irrespetuosos co lugar. Así que todos eles son de nacións con sentimento de superioridade moral para co resto do mundo. O teu post fede a antisemitismo edulcorado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s