Violencia policial?

Non temos aínda datos completos para afirmalo. Probablemente non os teñamos nunca. A autoridade do Estado impide a miúdo que poidamos facernos unha idea clara dos feitos, sustituídos pola lóxica administrativa que tende a darlle a razón ás Forzas de Seguridade.

Pero precisamente porque existen abundantes mecanismos que permiten enmascarar as responsabilidades dos funcionarios públicos que se encargan da seguridade, cando existen sospeitas fundadas de violencia policial, convén indagar sobre as razóns que poden asistirlle ás vítimas, xa que a vida non se lles pode devolver.

A morte de Mor, un senegalés residente en Salou dedicado á venta ambulate, pon de manifesto algúns dos puntos escuros da intervenvión de certos Corpos de Seguridade. Entre eles, os Mossos de Escuadra destacan por ser dos máis controvertidos e dos menos profesionais en relación co número de persoas que resultan mortas tras unha acción directa da Policía. Dito con outras palabras, se os Mossos fosen un corpo cun expediente intachable no trato co cidadán, alleo a denuncias de violencia (e mesmo violencia con resultado de morte), as protestas da familia e dos senegaleses en xeral, terían pouco eco. Pero cando de forma continuada tras a acción dos Mossos prodúcese un resultado así, hai certos motivos para a desconfianza.

O segundo motivo de desconfianza procede da realización dunha operación policial por delictos contra a propiedade industrial. Todo o mundo que coñece o sector sabe que nos pisos dos senegaleses que venden na rúa rara se producen copias ilegais. Pidos ocupados por un elevado número de persoas, non favorecen as actividades industriais. Só que é máis doado arremeter contra o derradeiro elo da cadea de distribución de material ilegal que perseguir a delincuencia económica a gran escala, aínda que sexa no ámbito da industria cultural. Podemos realizar miles de operacións deste tipo e non tocar á piratería cultural máis que na epidermis. Os rexistros deberían estar orientados a descubrir as redes de produción e distribución, non ao vendedor final, fácil de localizar e interceptar na rúa.

Logo está o salto desde o balcón, que é o obxecto directo da acusación. Uns din que o obxectivo era escapar e o resultado foi fatal; os outros din que houbo intencionalidade e contacto directo entre a policía e a vítima. Esta é a parte que hai que demostrar, e onde a presunción de inocencia é radicalmente importante, porque non só fundamenta o noso ordenamento xurídico, senón tamén a ética que dá sentido á nosa convivencia. Desde a carencia de datos máis absoluta, non descarto a veracidade de ningunha das versións. E debo crer que se fará xustiza á fin, que o Estado buscará a verdade antes que o mantemento do estatus.

Só que, mesmo admitindo a inocencia dos Mossos que participaron na operación, o seu resultado é tan luctuoso que resulta a todas luces desproporcionado. O que introduce un matiz novo na polémica sobre a morte de Mor. Por que se persiguen con tanta decisión delictos de carácter menor, mentres que outros de maior relevancia son menos perseguidos? Hai dúas explicacións que se abren paso: o clasismo e o racismo. O clasismo, porque son máis doadas de perseguir as infraccións dos débiles que os delictos dos poderosos. O racismo, porque é máis doado buscar negros nun país de brancos que as actividades industriais que danan ao sector da cultura.

Comparto o pesar dos inmigrantes de Senegal que viven entre nós na procura dunha vida mellor, para si e para as súas familias. Agardo que o Estado poña máis medios en protexer a vida que en perseguir pequenas infraccións que están moi lonxe de constituír o principal problema das nosas industrias culturais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s