Outra vez Syriza? Ula esquerda radical?

SYRIZA

Os trepidentes meses que transcorreron desde que en xaneiro Syriza chegou ao poder en Grecia ata que na noite de onte se confirmou a súa terceira vitoria nunha consulta popular no que vai de ano, produciuse unha viraxe sonora sobre a que cómpre reflexionar, porque está a condicionar o presente e o futuro inmediato das alternativas electorais en Europa.

Ao parecer, durante estes meses, a coaligación Syriza deixou de ser unha forza política alternativa a ser un partido socialdemócrata orientado á triste encomenda de aplicar as normas da Troika para o terceiro rescate.

Oxalá as cousas fosen tan simples!

En primeiro lugar, e fronte ás expectativas de tirios e troianos de facer un cambiamento das institucións xurdidas da Constitución de 1978, debo confesar o meu absoluto excepticismo respecto da capacidade das eleccións como método para facer unha revolución. As revolucións fanse nas rúas, supoñen unha ruptura rápida e violenta co orde (ou desorde) establecido con anterioridade e carecen de máis lexitimidade que a que lles outorga a forza das masas populares botanto abaixo as institucións do Estado que as oprime. O destino das revolucións é sempre incerto. Ás veces o pobo resulta esmagado polas forzas reaccionarias. Outras, os revolucionarios profesionais toman o mando e vencen, pero non sempre para facer o que o pobo diga, senón para impoñer o seu designio visionario. En ocasións, a revolución trae un período de inestabilidade tan grande a acaban volvendo os de sempre. Outras, trátase só de mimetizar a situación propia coa dos veciños…

A revolución debería ser un mal menor para chegar a un ben maior. Pero a propia condición da violencia as máis das veces condiciona os resultados. Porque os propios medios -a violencia- acanban secuestrando o fin –a liberación-. Non serei eu quen abomine da revolución dicindo que pefiro a inxustiza ao desorde. Pero tampouco vou ser quen me considere o Moisés guiando ao seu pobo polo camiño da Terra Prometida. Só quero afirmar que a revolución ten como condición a súpeta destrución dun orde considerado inxusto. E iso non se fai (non se fixo nunca ata agora) a través dunhas eleccións.

Cando unha forza política concorre a unhas eleccións coa posibiliade certa de gobernar, como era o caso de Syriza este mes de xaneiro, a súa intención é xestionar as institucións. Pode pretender (e, de feito pretendía) transformalas. Pero as institucións teñen unha lóxica conservadora. Cando se dispón de medios, as trasnformacións resultan posibles. Cando alguén está atrapado entre as lóxicas conservadoras dos privilexios internos creados e difundidos polas elites gregas durante décadas e as esixencias dunhas institucións financeiras sen alma, carece de medios para realizar transformacións rápidas, sostibles, capaces de mobilizar á xente e de crear ilusión. Hai que dar de comer cada mes aos pensionistas e aos xubilados. E cómpre o diñeiro do Banco Central Europeo para facelo. Foran a Rusia buscalo, como fixera en parte Chipre no seu día. Pero a tradicional alidada o Este xa non tiña que prestarlles. Quedaban dous camiños: o de Varoufakis, marchar para casa e deixar que goberne outro, ou o de Tsipras, tratar de facer o mellor que un sabe e pode cos bimbios que ten.

Os demais camiños non son para un partido institucional. Hai unha busca individual e colectiva de alternativas ao orde que nos tocou vivir. Pero mentres os Estados Unidos, a Unión Europea e o Partido Comunista Chino sexan os garantes do capitalismo actual, eses camiños posibles só poden desenvolverse en ámbitos moi miúdos de convivencia ou están restrinxidos a formas de socialdemocracia que contribúen a humanizar as relacións e os discursos políticos. Queda por ver se o partido de Tsipras é quen de escribir aínda páxinas de humanidade en Europa. Falta fai que veña xente a lembrar que aínda hai marxe para mudar as cousas, para que melloren no servizo da xente. E falta fai que haxa outra xente que testemuñe coa súa vida que este orde xa está para acabar, e que ten que vir outro máis humano e fraterno. Pero non esquezamos nunca: a política institucional e o testemuño vital son dúas opcións completamente diferentes e non sempre compatibles.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s