Por que aumenta a pobreza agora?

Abonda con visitar a páxina web da rede europea contra a pobreza e a exclusión social en España (eapn.es) para visualizar con moita claridade o espectacular incremento da pobreza producido entre 2013 e 2014. Un incremento de 1,4% nun ano é unha cifra moi importante, máxime cando xa había varios indicadores macroeconómicos que apuntaban na dirección do crecemento e a recuperación.

Incremento da pobreza en EspañaTomemos o indicador do desemprego, xa que o emprego constitúe a mellor salvagarda contra a pobreza e a exclusión social. Pois ben, o descenso do durante o mesmo 2014 o desemprego redúcese en 2,03% segundo o Instituto Nacional de Estatística.

Tomemos o PIB: existe un incremento dun 2% durante 2014. Probemos con outro indicador como a renda per capita: o incremento é de 1,88%, próximo aos dous puntos porcentuais que comprobamos nos dous indicadores anteriores.

Como primeira explicación, pensemos na posibilidade de que haxa un erro ou un nesgo nos datos. Pero os datos de EAPN non son de elaboración propia, senón que están tomados do propio Instituto Nacional de Estatística e producidos conforme ás normas estandarizadas para toda Europa mediante EUROSTAT, o oficina de estatística da Unión Europea. Daquela, os datos teñen a mesma marxe de erro e o mesmo nesgo en todos os casos. Debemos descartar absolutamente esta explicación.

Como explicación alternativa podemos tomar a proposta da propia rede contra a pobreza: o que se incrementa especialmente é a desigualdade. De feito, o índice de Gini pasa de 0,337 a 0,347 (ou, tomado en tantos por cen, de 33,7 a 34,7). É este incremento dun punto porcentual o que nos vai dar a medida real do incremento da pobreza. Cando hai moita xente situada arredor do 60% da mediana da renda dispoñible, calquera variación na desigualdade pode incrementar exponencialmente a taxa de pobreza, aínda que os restantes datos económicos melloren, mesmo os de emprego.

De forma complementaria, pero desde o meu punto de vista non deixa de ser unha consecuencia do anterior, podemos afirmar que existe unha contracción das clases medias, que incrementa o risco de fractura social, como ven advertindo con insistencia a Fundación FOESSA, e un incremento do fenómeno dos traballadores pobres, como se recoñece desde a estatística oficial, desde as organizacións sindicais e desde as entidades de iniciativa social, tanto laicas como confesionais.

É a hora de abordar os retos dunha sociedade máis cohesionada! O desemprego de longa duración, a protección dos menores e de todas as formas de familia, a participación económica e social dos inmigrantes e a redistribución da renda!

Advertisements

One thought on “Por que aumenta a pobreza agora?

  1. E teño que almorzar vendo os parabéns dos mandatarios europeos pola boa xestión do seu goberno, a recuperación económica, todo xenial, que baixaron as cifras do paro! Confiad en mi, hijos míos, (confiad en ellos) que os llevaré por el camino de la verdad.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s