A paz fronte ao terror

Foto lemonde.fr
Foto lemonde.fr

Aínda está o sangue fresco. As testemuñas teñen o balbordo das bombas e dos disparos retumbando nos tímpanos. As fusiladas de onte aínda fan estarrecer ás xentes máis temperadas dun París incrédulo ante tanta morte, tanta desolación.

A primeira reacción, instintiva, “era collelos a todos…”. Pero precisamente é iso o que eles queren. Acción e reacción: o devalo das liberdades, o avalo da xenofobia e unha espiral na que todo o que semelle árabe ou musulmán sexa obxecto de discriminación, de represión… pasto fácil da propaganda salafista que medra con cada golpe contra o orgullo da dobre identidade relixiosa e nacional que acomuna os pobos contra o imperialismo occidental e cristián.

Sen embargo, hoxe é un día para a paz. Non para unha paz que renuncia á xustiza nin que dea as costas ás vítimas, pero si unha paz valente, que aposte aínda pola liberdade de pola convivencia, que persiga por igual o terrorismo e as súas sementes no racismo e a discriminación, unha paz que aposte por extirpar as sementes do odio, onde pretendan agromar.

A, ao propio tempo, unha paz crítica coa nosa complicidade. Unha paz que recoñeza na orixe da guerra e do terror a nosa cobiza, a nosa necesidade de petróleo barato e a nosa pretensión de impoñer a democracia por medio da violencia naqueles países petroleiros que non eran de todo amigos nosos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s