Lembrando a Pepe Chao

Logo do venres negro que supuxo o pasamento de Neira Vilas, de Esperanza Guisán e de Manuel Alvilares Moure, tocou hoxe a negra sombra da despedida de Pepe Chao.

Tomo un poema de Luis Pimentel (Barco sin Luces, 1960) e unha idea de Xaquín Campo Freire, que fora o sea compañeiro na súa xeira ferrolá, para lembrar a súa sementeira de fe e galeguidade, como gustaba crer:

Oración ao rematar a miña Igrexa

Señor, as miñas mans están sucias
de terra, de lúa e de sangue.
Hoxe rematei a miña obra.

Aínda o espazo non foi domado;
chora e ruxe baixo as bóvedas.
Entre os arcos, non hai o puro silencio,
o silencio que bruñe os cálices.
Tampouco as torres sentaron a súa cabeza
nin os sinos se encheron de misterio.
(Cando todo estea remansado
diremos a primeira misa).

Só sei, Señor, a a distancia do umbral ao altar
é a xusta: unha mirada que chega
sen desmaiar, ata Ti.

santa-mariña-do-vilar_img195665t0

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s