¿Por que Irlanda ten a demografía máis dinámica da Unión Europea?

Orixe: ¿Por que Irlanda ten a demografía máis dinámica da Unión Europea?

O profesor Patrick 0´Flanagan da University College Cork na conferencia impartida na USC o pasado 14 de marzo de 2016 estableceu unha relación directa entre economía, mercado de traballo e dinámica demográfica en Irlanda. Deixou constancia de que a poboación irlandesa é xoven e a súa economía é capaz de xerar a maior renda por habitante da Unión Europea cos 41.000 euros per cápita frente aos 20.000 de Galicia. Presentou as políticas de desenvolvemento rexional dun organismo público especializado no tema chamado “IDA” (Industrial Development Authority) que dende o 1958 xestiona 50 oficinas distribuidas por diversos países co fin de promover os investimentos e as actividades comerciais con Irlanda; amais de ser responsable da planificación do desenvolvemento económico e estratéxico. A fecundidade de 2 fillos por muller é a maior de Europa e as taxas de desemprego están arredor do 8% e todo isto a pesares da crise económica experimentada dende o 2009.

 

Destacou que Irlanda é un país cunha grande diversidade étnica onde o 11% da súa poboación procede de diversos países e culturas e ten sido tradicionalmente un país de acollida así como de emigración. Galicia se sitúa no extremo oposto pois somente o 3% da súa poboación actual é inmigrante, está a perder habitantes de forma contínua e o seu marcado de traballo non é quen de frear o éxodo dos xóvenes cara o exterior.

Advertisements

2 Replies to “¿Por que Irlanda ten a demografía máis dinámica da Unión Europea?”

    1. Hai parecidos históricos e mesmo prehistóricos. O que non hai é un paralelismo entre ambas realidades. E, desde logo, a día de hoxe a Nosa demografía resulta fortemente diverxente. E as bases económicas do noso Benestar non poden ser máis dispares

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s