A vitoria de Donald Trump

Sen ánimo de resultar agoreiro, teño o mal presentimento de que as eleccións americanas de hoxe serán para Donald Trump. Desde hai tempo veño pensando, dicindo e escribindo que o fascismo comeza a gañar perigosas partidas á democracia. E que as máis arteiras son aquelas que se xogan no campo aparentemente inocuo da polémica entre os políticos “razoables”, entre quen contaría Hillary Clinton, e os “radicais”, entre os que se inclúe Trump. Esa dicotomía permite que personaxes que son a representación máis completa da peor cara do sistema capitalista aparezan en público como “antisistema”, capten a atención e o voto de persoas desencantadas e mesmo expulsadas dos ámbitos do benestar e logren así utilizar a pobreza e a exclusión de persoas e familias antes ben situadas que buscan chibos expiatorios para vencer nas consultas electorais.

Nos Estados Unidos, ademais, xoga un papel moi importante a división territorial do voto, que permite garantir unha representación republicana moi superior aos votos populares, polo efecto do sistema maioritario e a dinámica electoral das circunscricións máis conservadoras, que son máis pequenas en poboación pero son a maioría. A isto hai que agregar o feito de que os sistemas maioritarios tenden a concentrar os votos en dúas alternativas fora das que o voto se considera perdido.

Así as cousas, só unha mobilización xeral do voto hispano en contra da xenofobia predicada por Trump pode evitar que a presidencia da primeira potencia económica e militar do planeta vaia parar a un político criptofascista.

Daquela, antes do reconto xa estamos ante unha vitoria inequívoca de Donald Trump: o debate principal xa non é a proposta de goberno da nova presidenta ou do novo presidente. Estamos ante un referendo sobre a inmigración. Así xa fora presentado o debate do Brexit (non sobre a globalización capitalista como analizou algunha mente benpensante); e o resultado xa o coñecemos.

A pesar da hipocrisía do politicamente correcto, cada vez máis, o debate público céntrase en cuestións que afectan aos dereitos humanos básicos. E a cada paso van avanzando as propostas que afirman que debemos sacrificar os dereitos das persoas máis vulnerables nos altares da maioría social.reu_20161107_191847101

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s