Un referendo con trampa

Escribín hai uns meses que habíamos pagar todos as consecuencias do frustrado golpe militar en Turquía. Desde o meu punto de vista, o primeiro resultado tanxible acaba de chegar. Erdogan acaba de perpetrar un referendo no que o poder manexaba todos os resortes (e perdeu en todos os espazos urbanos) e a oposición foi duramente reprimida e confinada ao voluntarismo. Sen garantías reais de respecto á vontade popular, a marxe final da vitoria só dá a medida do furto da vontade da xente a mans dun poder crecentemente autoritario.

O conflito sirio está enquistado, Europa non ofrece solucións á crise dos refuxiados e ninguén quere bater contra Turquía aínda que ninguén se fía do seu proxecto político autoritario. Así as cousas, a capacidade de presión de Turquía a prol dos seus intereses totalitarios vai medrando. E os partidarios do totalitarismo en Europa tamén van medrando, despois do éxito do seu padriño americano.

É urxente recuperar a democracia, en Turquía e en Europa: convivir en paz e en liberdade!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: