Paremos a ideoloxía sexista!

Na evolución das desigualdades entre homes e mulleres, chama a atención a falta de pulo que vivimos hoxe respecto das arelas de igualdade, como se todo estivese feito ou, máis ben, como se quedase pouco por facer.

Pero chama aínda máis a atención a existencia de campañas pensadas co obxecto de parar e desactivar calquera tipo de esforzo a prol da paridade. Concretamente, está pasando desde os círculos máis doctrinarios á rúa unha tendencia a descalificar as análises de xénero. A antropoloxia dun lado e a lingüística de outro, serviron para analizar as formas en que as construcións culturais aparecen diante da conciencia cotiá como se formasen parte da natureza. Desta forma foi posible cuestionar a suposta neutralidade e naturalidade dos roles asignados a homes e mulleres, para situalos nunha perspectiva comparada, que relativiza a nosa visión e introduce cambios na conciencia e na práctica diaria. A actual campaña en contra da igualdade pretende facer crer que as análises de xénero forman parte dunha ideoloxía imposta por minorías moi beligerantes e intransixentes, dispostas a acabar por todos os medios coas relacións supostamente naturais entre sexos.

Sen embargo, é o sexismo a ideoloxía que dominou durante séculos, a que amparou as diferentes formas de patriarcado, coa conseguinte opresión da metade da humanidade. Pola emancipación das mulleres, pero tamén pola construción dunha identidade masculina libre de ataduras patriarcais, adiante coas análises de xénero!, paremos a ideoloxía sexista!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: