En galego agora e sempre

Asistín na noitiña do venres, 27 de outubro de 2017, á presentación da publicación “En galego agora e sempre: Mandas testamentarias” no Museo Manuel Torres de Marín. O acto serviu como homenaxe ao notario Victorino Gutiérrez Aller (Lalín, 1937), experto en Dereito Civil galego, pioneiro na redacción de testamentos na nosa lingua e impulsor da normativa xurídica galega para actos documentados.

Logo de escoitar ao propio D. Victorino, no documental “Protocolos para unha lingua” falaron Carlos Varela, Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador.

O acto, promovido polo Ateneo Santa Cecilia, pretendía promover a normalización da nosa lingua nas últimas vontades, nos testamentos e nas mandas que acompañan ao testamento, animando á xente a legar a nosa lingua e a nosa cultura aos seus herdeiros.

Acaso o máis interesante foi a tertulia posterior ao acto, que deu para unha longa conversa arredor do galeguismo no pasado inmediato e a necesidade dunha nova conciencia cívica que faga rexurdir a dignidade do país e da súa cultura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: