Unha pintada a prol de Tabarnia en Teis

 

Alguén pintou na parede a cantidade de falantes que perde a lingua galega anualmente. Non simpatizo especialmente con esta forma de concienciar á xente, pensada só para xentes iniciadas, que coñecen as cifras e as causas. Tampouco é doado concordar co algoritmo do cálculo, pensado desde a óptica de que os máis dos mortos falan en galego e os máis dos que veñen (tres de cada catro) só falan en castelán. As cifras reais son máis complexas, aínda que terriblemente desalentadoras: un quince por cento menos de galegofalantes nunha década (2004-2014). Aínda máis, pasar se ser a maioria social (sobre o 60%) a unha minoría (o 45% da poboación).

Para remediar esta agresión ao espazo publico perpetrada polos activistas do galego, algún defensor de Tabarnia tapou coa súa bandeira a realidade da desgaleguización do noso país. Velaí o seu respecto polas minorías. Velaí a súa pretensión de igualdade de oportunidades: acabemos coas diferenzas, impoñamos as nosas ideas e así suprimimos calquera conflito que afecte á convivencia. Velaí, para quen a queira ver, a verdadeira imposición lingüística.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: