Refuxiadxs respostas solidarias

Refuxiados: Respostas Solidaras

Asistín onte á mesa redonda “Refuxiadxs, respostas solidarias”, celebrada na Casa da Cultura Galega de Vigo, organizada pola Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas.

Interviñeron Ernesto G. Maleno, de Caminando Fronteras, Fadila Chami, da Asociación Sirio-Galega SAWT, Alessandro Forina, da Red Solidaria de Acogida de Madrid, e Mina Shayan, voluntaria en Lesbos, con Médicos sen Fronteiras, na actualidade vinculada con SOS Racismo Galicia.

21 F CHARLAS RESPOSTAS SOLIDARIASA miña impresión persoal despois do acto é que necesitamos unha nova base de comprensión da cidadanía planetaria para deixar progresivamente atrás un mundo baseado nas fronteiras, que necesitamos superar a práctica da violencia e, moi en especial, da guerra para poder comezar a construír esa cidadanía, e que fai falta activar a solidariedade en iniciativas locais que aporten solucións organizativas e doten de bases materiais a esas arelas de convivencia.

Nun acto público este pasado venres, insistín en que o conflito de España contra inmigración está centrado na Fronteira Sur. Ernesto G. Maleno onte describiu a situación como unha auténtica guerra, contra a inmigración. É falso que a inmigración, como tal, sexa un problema na nosa sociedade. É unha necesidade. É verdade que a inserción laboral, a participación social e a inclusión das persoas inmigrantes requiren de esforzos por parte de toda a sociedade. Tamén é certo que eses retos traen emparellados problemas, como toda convivencia humana. Pero o conflito está planificado desde a óptica dunha Unión Europea que lles encomenda aos seus Estados Membros da Fronteira Sur que realicen actividades hostís para disuadir a inmigración. Precisamos dunha vaga de solidariedade que free esa política e que cree alternativas para a acollida.

Respecto da guerra e os conflitos violentos, coido que precisamos dunha conciencia pacifista anovada. O movemento pacifista que se articulou arredor do movemento de obxección de conciencia e que conseguiu o fin do Servizo Militar Obrigatorio case desapareceu despois daquel éxito histórico. E a súa reaparición arredor da guerra de Iraq non conseguiu un rexurdimento da militancia pacifista como movemento social. Semella imprescindible vincular o pacifismo coa solidariedade coas persoas migrantes e refuxiadas para crear alternativas cribles arredor dos procesos de acollida.Dous anos do tratado da Vergoña UE - Turquía

Por último, e non menos importante, o sistema de xestión das demandas de asilo, refuxio e protección internacional que están implantadas na actualidade en España teñen uns padróns de rixidez que fan moi complicado que poidan atinxir os resultados que se lles encomendan. A dirección establecida polo Ministerio do Interior, que crea unha matriz estreita para todo o dispositivo de acollida, o illamento entre as entidades sociais xestoras e o conxunto da sociedade civil organizada, así como a rixidez na duración do programa de acollida están a provocar efectos perversos que comprometen o futuro das actuais formas de solidariedade. É necesario crear alianzas no nivel local que vinculen ás ONGs, ás restantes organizacións da sociedade civil, especialmente as vinculadas cos dereitos humanos, e ás autoridades locais, sen excluír ás diversas formas de economía social e creación de emprego. Só así poderemos articular respostas de carácter solidario ao enorme reto ante os que nos atopamos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: