A revolta de marzo debe continuar

26856361487_522bacf162_z.jpg

O 8 de marzo había un mundo de xente na rúa para reclamar os dereitos das mulleres. Desde unha mirada militante, foi unha mobilización feminista. Pero había outras lecturas, máis transversais: a sociedade enteira precisa dun compromiso coa causa das mulleres, coa causa da igualdade para seguir avanzando en liberdade e fraternidade / sororidade.

Hoxe, unha agresión sexual foi cualificada como acoso porque non houbo violencia abondo, porque non houbo resistencia abondo. Cando os feitos son arrepiantes, pero a lei empéñase en xulgar matices subxectivos, cómpre mobilizarse. Non a prol dunha pena maior, senón a favor dun xuízo xusto, do que recoñece a agresión e identifica aos agresores. O xuízo que atende aos feitos e non xulga a moralidade das mulleres cunha vara de medir diferente da dos homes.

Non nos equivoquemos: a revolta de hoxe, a que mantén viva a memoria do 8 de marzo, é unha reivindicación do dereito de convivir en paz. Non abonda con opinar. Cómpre saír á rúa e protestar. Para que a moralidade cambie. Para que a sociedade cambie. E para a as mulleres e os homes poidan saír á rúa e gozar da festa e da compañía sen medo, con confianza. Para gañar o futuro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: