Amola á sociedade

Amola á Sociedade

No muro da Estación de Urzaiz en Vigo hai unha pintada que trata de expresar a frustración coas condicións en que vive a xente, especialmente a mocidade, na nosa sociedade. Pero, en vez de tratar de identificar aqueles factores que conducen a esa frustración, o berro da parede arremete contra a sociedade no seu conxunto, sen tratar de discernir ningún tipo de responsabilidade.

Vivimos en sociedade porque é o noso medio vital, non por decisión racional. Sen a sociedade non hai a penas posibilidades de supervivencia humana. As historias de nenos lobo, que ilustran tan ben os límites da nosa humanidade social, indican un sentido posible dos cambios que debemos emprender para sermos máis humanos e máis respectuosos coa natureza. Pero non achegan ningunha proba de que poidamos vivir fóra dun contexto social, aínda que sexa un grupo organizado de lobos en vez dunha sociedade humana. Son unha invitación a desenvolver formas alternativas de sociedade, non a transformar a rabia en agresión á sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: