O fascismo en Planalto

O día de mañá, 28 de outubro de 2018, o voto popular no Brasil vai converter en presidente ao candidato fascista Jair Bolsonaro.

A gran difereza entre outros movementos de inspiración fascista e á situación que viviremos a partir de mañá, é que o odio que mobiliza á xente non é contra o inmigrante, ao de fóra, senón contra unha parte fundamental da propia sociedade. E o mandato popular vai ser aproveitado de xeito inmediato para liquidar a representación desa parte da sociedade. Ollo! Porque veremos como se intensifica a liquidación física das persoas opositoras ao fascismo en Planalto.

Pero, ademais, este autoritarismo de nova planta vai coincidir co fascismo europeo no rexeitamento do diferente, das minorías, e mesmo na impugnación da igualdade entre mulleres e homes. Homosexuais, indíxenas, negros e feministas están xa no punto de mira do futuro presidente e dos seu movemento.

É certo que, ata o momento, o único goberno electo democraticamente de carácter claramente fascista é o de Filipinas. Pero o novo fascismo ten unha enorme representación en Europa… e un aliado (e mesmo un representante ínclito) ao fronte dos Estados Unidos. Brasil vai ser unha peza clave para a estructuración do fascismo a nivel internacional. Vai ser a ponte entre Filipinas e os Estados Unidos. Pero tamén o laboratorio de probas para o tipo de campaña que realizarán os partidos fascistas para destruír a convivencia en Europa tras as eleccións de 2019.

Desde o meu punto de vista, salvo que colectivamente poidamos aprender as leccións das eleccións presidenciais de Brasil mañá, a elección de Bolsonaro vai marcar a historia do século XXI do mesmo modo que a elección de Hitler como chanceler da República de Weimar, marcou a historia do século XX.

É a gran lección da elección de Hitler é que os fascistas poden ser moi coherentes coas súas promesas electorais. Donald Trump deu mostras de que a coherencia coas promesas electorais poden convivir coa loucura. Ata o punto de que aínda non non procovou unha guerra nuclear porque os xenerais de máis alto rango negáronse a cumprir algunhas das súas ordes nos intres máis críticos. E esa coherencia debería ser motivo suficiente como para que as persoas demócratas tratasen por todos os medios de pechar o psaso ao fascismo. O fascismo nunca é un mal menor, por máis que as tradicións liberais de América Latina consideren que sempre é mellor un espadón que un movemento popular de inspiración socialista. Os fascismos do século XXI pretenden acabar coa liberdade e, daquela, con calquera forma de liberalismo digno de tal nome. Pero hai unha maioría social que isto aínda non quere velo. Por iso mañá Jair Bolsonaro será designado para ocupar o Palácio de Planalto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: