Contos da montanha

Paisaxe transmontana Castañeiros ao comezo da primavera

Contos da montaña Edición 1996 CoimbraAproveito as longas horas de tren dunha breve viaxe a Madrid co gallo dunha formación sobre orientación laboral con inmigrantes para volver sobre os Contos da montanha de Miguel Torga.
Debo confesar a miña absoluta fascinación polo universo literario do escritor transmontano. E iso que en ningunha das dúas ocasións anteriores en que megullei a miña alma no libro, a primeira xa hai vinte anos, non cheguei a rematalo. Coido que a fascinación foi unha poderosa razón para adiar ata esta mesma tarde a conclusión dunha obra en que a protagonista é unha terra dura que vai moldeando as vidas dos seus fillos sen chorar as súas desgrazas. Chegado ao último chanzo do camiño non me quedou outra que retroceder, querendo que o relato non remate nunca.
Deixo que me engaiolen os relatos de personaxes que teñen alma e vida propias. Non parecen creados por ficción humana. Parecen sacados da memoria doída do autor. Saen dos recantos das montañas e dos vales pequenos que asoman ao Douro. Por veces, atiran en nós un sorriso. Case sempre convocan a tenrura. Pero as máis das veces funcionan como unha traxedia, da que coñecemos o fin nada máis temos o rascuño do inicio da historia e das persoas que interveñen. Pero non resulta posible eludir a traxedia cando ofrecemos a súa memoria. Só queda redimir á montaña e ás súas xentes co testemuño de que estivemos alí para escoitar as súas mágoas e sentir as súas alegrías, por máis que fosen poucas…
Coido que Adolfo Correia da Rocha tornouse Miguel Torga para que as palabras das terras da montaña volvesen sempre a nós, para que a memoria ferida das suas xentes nos doese por dentro e para que aquelas vidas de miseria e sufrimento nos leven a procurar outros camiños que andar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: