Vigo come luces?

Vigo come luces?

O alumeado de Nadal de Vigo está a converterse nun dos máis populares de España. Co seu impacto nos Medios de Comunicación o alcalde, Abel Caballero, pretende atraer turismo á cidade durante as festas, ao tempo que consolida a súa enorme popularidade coa vista posta na reelección, que debe producirse nas eleccións do vindeiro mes de maio. Se fago caso do meu contorno inmediato, ambos obxectivos están a ser cumpridos dunha forma moi eficaz: a cidade está a atraer visitantes e a popularidade do rexedor municipal está medrando mentres devala a dos seus opoñentes.

Sen embargo, tanto o mundo da cultura coma os movementos sociais da cidade están a mobilizarse en contra do dispendio que supón gastar unha cantidade próxima a un millón de euros durante dous meses. Mentres, por establecer unha comparación no ámbito social, durante o mesmo período o Concello de Vigo atende as situacións de emerxencia social soamente con 77.000€.

A desproporción entre ambas cantidades é tan grande que parecería un argumento convincente en contra das pretensións da alcaldía. Ademais, existe un importante número de colectivos sociais que se están mobilizando e convocando actividades para crear conciencia en contra do alumeado de Nadal. Por se fose pouco, algúns medios de comunicación de ámbito estatal están aproveitando as intervencións públicas do alcalde para ridiculizalo.

Sen embargo, a realidade social é que as aparicións nos medios reforzan a popularidade do alcalde como personaxe público, capaz de brincar co ridículo e utilizalo en beneficio propio. Tamén é unha realidade que os numerosos colectivos mobilizados en contra do alumeado son as minorías máis activas na militancia social e cultural da cidade, non a maioría social. A xente común parece necesitada de que o ambiente festivo inunde a cidade e identificar o nadal coas luces e a música nas rúas (e, a poder ser, cun nivel de consumo suficiente para considerar que a vida volve ter sentido).

Queda por analizar, daquela, a consistencia do argumento económico. Os detractores presentan unhas cifras contundentes.O Concello responde agora que os datos de turismo e de consumo confirman a boa acollida da iniciativa do alumeado. Pero non se achegan datos concretos para poder medir o impacto do gasto público.

Desde o meu punto de vista, o Nadal non debería estar relacionado cunha horrible borracheira de consumo. Debería relacionarse mellor con compartir e con crear lazos entre persoas, o que acae mellor cunha maior atención ás persoas en risco. E o desenvolvemento local debería centrarse na creación de oportunidades económicas para todas as persoas, comezando desde abaixo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: