Ramón Muñiz e o Pobo Oculto

Ramón Muñiz

A loita contra a pobreza entre nós

O pasado 30 de Novembro finou Ramón Muñiz de las Cuevas, unha persoa decisiva na historia recente do noso país. Paradoxalmente, a nosa Galiza demostra unha vez máis que pode ben comportarse cos seus fillos como Saturno nas antigas lendas: devóraos e esquece que existiron.

Sen dúbida, a súa militancia social e política fan de Ramón un personaxe polémico e dificultan o recoñecemento unánime da súa herdanza. E mesmo dentro do seu ámbito de convencementos, poden darse discrepancias que o poñan nun segundo plano.

Pero eu non podo entender facilmente que algúns ámbitos sociais e profesionais non tornen á vista para o legado que nos deixa. Refírome, concretamente, ao ámbito da loita contra a pobreza e a exclusión social. Nin unha soa liña de recoñecemento desde a Rede Galega contra a Pobreza que el contribuiu a constuír e a impulsar na súa primeira xeira, nin unha liña desde o Colexio de Traballo Social de Galicia, nin unha liña desde o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (que non ten problema en difundir unha solicitude por unha RISGA que sexa un verdadeiro dereito, e permétese deixar no esquezo ao impulsor dese dereito entre nós). Por descontado, nin unha mención desde a Xunta de Galicia (nin desde a Consellería de Política Social en particular).

E, sen embargo, eu teño dificultades en pensar que sería deste noso país sen a herdanza de Ramón Muñiz no ámbito da loita contra a pobreza e a exclusión social. Non é que o seu libro “O pobo oculto: Pobreza e Acción Social en Galicia”, publicado no seu día en Edicións A Nosa Terra (Vigo, 1996), sexa unha cimeira das nosas letras. Pero testemuña o esforzo que se fixo entre nós para dotarnos dunha análise sobre a pobreza e a exclusión social, desde os anos ’80 do século pasado. É unha mostra da honestidade intelectual de quen, comprometido politicamente, pensa que é importante dotarse dun discurso desde as ciencias sociais que achegue racionalidade, antes do que militancia. E, por tanto, independencia de criterios. E tamén do esforzo por construír uns servizos sociais modernos e eficientes, capaces de dar conta dos dereitos humanos básicos e dos dereitos sociais, conxugando o realismo e a utopía, as posibilidades que temos hoxe e o futuro que queremos construír.

Soño que algún día voltará o seu saber aos andeis das nosas bibliotecas e ás nosas formas de soñar e de organizarnos.

Mentres chega ese día, benia a ti, Ramón Muñiz, e que a terra che sexa leve!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: