A luz de inverno en Venezia

Visitei brevemente Venezia este sábado, de volta dunha reunión en Lubliana sobre inclusión social e participación da mocidade en tempos de exclusións múltiples en forma de forzas sociais e políticas. O proxecto All In, ao abeiro do programa Erasmus+, deunos a oportunidade de reflexionar e de planificar accións para mellorar a transversalidade das accións e para crear novas alianzas que permitan unha sociedade en que cada persoa poida levar unha vida digna desde os seus valores, as súas eleccións e as súas capacidades.

Como era imposible voar directamente ata a capital de Eslovenia, aproveitei para volver a Venezia, un cuarto de século despois. Baixo a luz do inverno, que presento sen filtros, tal como a devolve a cámara, baixo o frío que invadía cada recanto da alma, as miñas lembranzas do pasado fúndense coa contemplación do futuro que nos agarda. Venezia continua a ser a cidade que me fascinou desde o primeiro momento: un testemuño dun pasado de inquezanza e curiosidade, de liberdade e de emprendemento. Tamén unha proba de que Europa se afunde lentamente, aferrada ao seu pasado, ao mesmo ritmo que o cambio climático que provocamos vai enchendo de augas de diversa procedencia a lagoa do Véneto, vai afundindo para sempre no mar esa paixón que un día fomos e xa non sabemos soster.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: