Son eu…

Sociólogo (UNED). Experto en Exclusión Social.

Na actualidade traballo para a Asociación Diversidades. Promovemos a inclusión social das persoas inmigrantes que residen en Galicia. Facemos intervención educativa con inmigrantes e minorías étnicas, na procura o éxito escolar. E apoiamos a formación e o desenvolvemento laboral das persoas excluídas do mercado de traballo. Sempre desde a perspectiva de xénero.

Fun Educador Social; Responsable de Proxectos de Animación Comunitaria e Voluntariado, en Cáritas de Tui-Vigo; Director para Galicia do Programa de Emprego Acceder, financiado polo Fondo Social Europeo para a comunidade xitana. Dirixín o estudo sobre chabolismo en Galicia (informe 2006) e as intervencións de realoxamento entre 2007 e 2011. Axudei a refundar a Rede Galega contra a Pobreza en 2008 e fun o seu primeiro presidente na segunda andaina. Tamén realicei a avaliación do II Plan de Inclusión Social de Galicia (II PGIS).

Publiquei “Abrente incerto. Pobreza, dereitos e desenvolvemento en Galicia hoxe”, Sotelo Blanco (1998), “O Voluntariado Social”, Xerais (2001), “O chabolismo en Galicia”, Xunta 2007, así como diversas colaboracións en libros e revistas.

No tempo libre, gústame ler, escribir e viaxar. Tamén fago tempo para o deporte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s