Cando a vida te vai afacendo a ver a miseria de perto, e a ila transformando en dignidade e en xustiza, cando a vida che concede a graza de poder contribuír a resolver problemas, por veces chegas a pensar que xa non hai nada capaz de sorprenderte. Pero a vida non deixa nunca de sorprendernos.Seguir lendo “Vivir”
Arquivos de autor:Santiago González Avión
Á procura da bitácora
O que sexa unha bitácora é cousa que non podo contar aínda, eu que non fun mariñeiro e que estou a piques de naufragar no intento de adentrarme no mar. Pero sei que na escrita quedan rumbos e tentativas que apuntan xornadas e horizontes, rumbos e derrotas. Fun demasiado lonxe, acaso, á procura da palabraSeguir lendo “Á procura da bitácora”
O sector de acción social
En Galicia, logo de anos atascados sen unha mala rede que nos representase como sector de acción social, de súpeto decatámonos de que debíamos estar xuntos, actuar xuntos, e presentarnos xuntos diante da sociedade e das Administracións Públicas. Non foi un camiño doado. E, acaso, tivo moito que ver darnos de fociños contra a crise.Seguir lendo “O sector de acción social”
A expulsión
A expulsión dos romaníes búlgaros e rumanos por parte das autoridades francesas, que ten comezado xa, é unha das novas máis preocupantes desta década desde o punto de vista da convivencia intercultural. Cando foi a Italia de Berlusconi, país cun claro déficit democrático, gobernado por forzas da extrema dereita máis ou menos recovertidas á democraciaSeguir lendo “A expulsión”
Limiar
Cando comecei, todo parecía florecer. Sen embargo, había sinais de inverno. Non era claro se avanzaba o día ou se viña a noite. Mellor, era a alborada dun día novo; pero ninguén sabía o que había de traer. Pode que paz, solidariedade e desenvolvemento para os pobos da terra. Pero tamén pode que guerra, miseriaSeguir lendo “Limiar”