A sapeira

Daquela a viña ocupaba o espazo que vai do monte do Castro ao río Arnoia. Os socalcos gapearan pola ladeira coas unllas dos homes cavadas entre a pedra e a terra para gañar uns metros de fertilidade sobre as costas cansas do Val de San Vicente. O suor regou o bacelo ata sangrar un viño novo que dese vida ao noso sangue.

Os lumes de onte

Es fin de semana todo, pero especialmente a xornada do domingo, reavivaron a miña visión de que formamos parte do mesmo ecosistema de Predrogao Grande. Non faltaron horas de pánico, nin mortos, nin desinformación da poboación nin certa descoordenación entre os equipos de emerxencia, por outra banda un enorme exemplo de profesionalidade e de servizoSeguir lendo “Os lumes de onte”

Paremos a ideoloxía sexista!

Na evolución das desigualdades entre homes e mulleres, chama a atención a falta de pulo que vivimos hoxe respecto das arelas de igualdade, como se todo estivese feito ou, máis ben, como se quedase pouco por facer. Pero chama aínda máis a atención a existencia de campañas pensadas co obxecto de parar e desactivar calqueraSeguir lendo “Paremos a ideoloxía sexista!”

Nazis

  O debate escrito en paredes axuda a condensar e radicalizar as posicións ideolóxicas. Aquí o debate comezou cunha expresión explícita de anti-semitismo. A súa descalificación introduce un novo tema de debate que non suscita ningún tipo de simpatía na maioría dos viandantes. Así avanza a presenza pública dos fascismos nas sociedades contemporáneas… ata situarseSeguir lendo “Nazis”

Allende na memoria

Un día coma hoxe, hai 44 anos, un golpe de Estado militar, apoiado polas forzas armadas e polos Estados Unidos, trataba de cambiar o destino de Chile. Hoxe oiremos un enorme balbordo que non permitirá oír as voces da memoria (“el fascismo y el olvido, tus peores enemigos”, dicía a pintada da cancela do InstitutoSeguir lendo “Allende na memoria”