Cataluña 2015

Aínda que a miña previsión é que o ano 2015 rematará sen unha gran alteración do sistema político español, e que unha boa parte dos cambios nas tendencias de voto e de xestión xa se produciron, fago unha importante excepción no que respecta a Cataluña. As eleccións do vindeiro domingo van abrir un panorama deSeguir lendo “Cataluña 2015”

Unha máquina de triturar gobernos

Non será que a culpa a ten quen senta do outro lado na mesa de negociacións? Con esta pregunta remata o editorial do xornal Público que ten o elocuente título “Unha máquina de triturar gobernos“. Por que tanto énfase nos sucesivos gobernos gregos se o problema está nas “institucións” (léase Troika)?

Relacións diplomáticas plenas!

Sobre o futuro, non sabemos aínda canto durará o bloqueo e como chegará a suprimirse. Porque, tomando en conta a efectividade que está a mostrar no caso ruso, chama a atención a esterilidade do caso cubano. Tampouco sabemos se o oxíxeno económico que chegará a Cuba reactivará a economía socialista como pretende Raul Castro ou acabará con ela para sempre, como pretende o equipo de Obama. Precisamente esa é a outra cara do acordo que descoñecemos, pero que intuímos: nin uns nin outros están a renunciar aos seus principios. Están abrindo un escenario de xogo totalmente novo, máis acordes cun mundo no que a Guerra Fría é unha lembranza resesa.