Arquivo de categoría:Cultura
Unha lembranza de Umberto Eco
Non quero deixar pasar a ocasión do pasamento de Umberto Eco para dedicar unha lembranza emocionada á súa persoa e á súa figura intelectual. Máis alá da fascinación pola súa obra, tiven ocasión de escoitalo Trastevere romano, en San Pietro in Montorio, na sede da Academia de España en Roma. San Pietro in Montorio éSeguir lendo “Unha lembranza de Umberto Eco”
Na inauguración dunha Igrexa Evanxélica (romanesa) en Vigo
Non teño ningunha dúbida de que as sociedades secularizadas seguirán albergando grupos fondamente relixiosos. E mesmo producindo novas formas de relixiosidade. A función da militancia a prol da sociedade intercultural non está en negar esas formas de comportamento social que apelan á transcendencia, senón de integralas nunha comprensión máis ampla, na que existan puntos de acordo entre persoas relixiosas e laicas, en sociedades que, sendo plurais, permitan a liberdade de conciencia e de culto, pero que non utilicen esa liberdade para impoñer unilateralmente unha determinada visión do mundo, unhas determinadas normas e unhas determinadas formas de poder e de opresión.
Monicreques
Unha reflexión sobre os límites da liberdade de expresión Non gusto do xénero dos títeres de cachiporra. A violencia que lles é intrínseca, a crítica feroz do orde social a través de toda índole de desordes e o recurso constante a un esperpento grotesco fai que non resulte do meu agrado. Son un home conservadorSeguir lendo “Monicreques”
Leila Alaoui in memoriam
Leila Alaoui morreu no atentado do Burkina Faso. A fotógrafa franco-marroquina fora enviada por Amnistía Internacional para desenvolver un traballo sobre dereitos das mulleres. (Tomado do diario Público – Portugal) Leila Alaoui foi unha fotógrafa e vídeo artista marroquí francesa cuxas experiencias a través de ambientes culturais e xeográficos diferentes dan forma á súa prácticaSeguir lendo “Leila Alaoui in memoriam”
Lembrando a Pepe Chao
Logo do venres negro que supuxo o pasamento de Neira Vilas, de Esperanza Guisán e de Manuel Alvilares Moure, tocou hoxe a negra sombra da despedida de Pepe Chao. Tomo un poema de Luis Pimentel (Barco sin Luces, 1960) e unha idea de Xaquín Campo Freire, que fora o sea compañeiro na súa xeira ferrolá, paraSeguir lendo “Lembrando a Pepe Chao”
O Galego, Garantía de Futuro
De volta de Romanía, onde estiven por motivos de traballo, participei na manifestación de Queremos Galego con motivo do Día das Letras. Non estou seguro de que a estratexia de dignificación cultural que escolleu a memoria das escritoras e escritores do país como motor da memoria e do futuro pase polo seu mellor momento. AgoraSeguir lendo “O Galego, Garantía de Futuro”
No pasamento de Eduardo Galeano e G. Grass
Fóronse hoxe Günter Grass e Eduardo Galeano.
Día mundial da poesía
Onte, 21 de marzo, foi o día mundial da Poesía. Para seguir soñando…
O príncipe dos mercados
Participei na gravación do documental “El príncipe del mercadillo”, dentro do programa EQUIPO DE INVESTIGACIÓN, de La Sexta TV. A temática do desterro dos xitanos zamoranos venme ocupando desde hai anos (nos precedentes á actual situación tanto en Marín coma no propio Porriño). E non podía negarme a expoñer a miña visión dos feitos, porqueSeguir lendo “O príncipe dos mercados”