Dobre discriminación

Fronte ás mentiras de quen afirmou que o castelán estaba discriminado en Galicia, están as evidencias sociolóxicas e financeiras da discriminación do galego. A penúltima coñecida é que as subvencións aos Medios de Comunicación en castelán multiplican por nove as recibidas polos medios en Galego (sen contar a publicidade institucional). A disparidade é tan grandeSeguir lendo “Dobre discriminación”

As barcas en o mar

Vi eu, mia madr’, andar as barcas eno mar,      e moiro-me d’amor. Foi eu, madre, veer as barcas eno ler,      e moiro-me d’amor. As barcas eno mar e foi-las aguardar,      e moiro-me d’amor. As barcas eno ler e foi-las atender,      e moiro-me d’amor. E foi-las aguardar e non o pud’achar,      e moiro-me d’amor. E foi-lasSeguir lendo “As barcas en o mar”

Non culpen aos profetas!

En demasiadas ocasións o galeguismo cívico e o nacionalismo político estiveron presos por leas cainitas, doutrinarias, ideolóxicas ou persoais, absolutamente estériles. Unhas poucas veces, grupos moi minoritarios dentro desas familias de seu pequenas e fragmentadas emprenderon camiños baseados no odio e na carraxe. Pero moitas máis veces persoas que pertencen a eses mesmos grupos estiveron dispostas a ceder dos seus dereitos cívicos e lingüísticos a prol da convivencia. Abonda xa! Se queren facer algo por un proxecto colectivo, non precisan darlles a razón aos activistas da Mesa. Pero procuren unha diagnose seria. Non culpen aos profetas!

Desterro

Porque o desterro é unha medida que corresponde ao dereito penal. E non pode ser invocado como dereito consuetudinario para ser imposto á marxe das leis que rexen ao conxunto da cidadanía. Nin sequera serviría unha interpretación do mesmo como separación entre familias a causa dun delito de sangue ou dunha deshonra. Os feitos aducidos en público non soportan esta interpretación, polo que se trata, a todas luces, dun exceso verbal, cando non dun claro abuso. E, por se fose pouco, o mediador designado por unha das partes, renuncia a exercer como tal ante a evidencia da ausencia de vontade de diálogo e a capacidade dunha das partes de impoñer solucións unilaterais.

Sen rastro de Francisco on the road

A Xunta organiza a que debería ser a exposición do ano, un magno evento para conmemorar o 800 aniversario da chegada a Compostela como peregrino de San Francisco de Asís. Seica hai dúbidas da realidade do feito da peregrinación xacobea daquel rebelde que puxo patas arriba o cristianismo medieval. A pesar de non forzar unhaSeguir lendo “Sen rastro de Francisco on the road”

Cómo o historiador Shlomo Sand ‘deixou de ser xudeu’

“¿Non é o simple feito de definirse como xudeu no Estado de Israel un acto de afiliación a unha caste privilexiada que crea inxustizas intolerables ao seu arredor?” pregunta o historiador israelí Shlomo Sand no seu último libro, How I Stopped Being a Jew (“Cómo dexei de ser xudeu”). E responde afirmativamente. viaCómo el historiadorSeguir lendo “Cómo o historiador Shlomo Sand ‘deixou de ser xudeu’”