30 anos de Festa

Dignidade. Celebramos esta tardiña no Catro en Vigo, unha pequena festa para celebrar os trinta anos da Festa da Palabra Silenciada. Con ela chegaba o número 29. Calquera revista cultural vive de militancia e de xenerosidade. Se é unha revista cultural feminista e en galego, nútrese de soños compartidos e do mañá que parimos entreSeguir lendo “30 anos de Festa”

Que se maten entre eles!

Unha das formas máis preocupantes de discriminación (e tamén, en certo modo, se xenofobia), é a que se disfraza de tolerancia, desde a distancia e o desapego. A súa expresión máis cumprida é: “que se maten entre eles”. E fala da indiferenza respecto da sorte que poidan correr as vítimas dentro das minorías étnicas. ElasSeguir lendo “Que se maten entre eles!”

Lei Xitana?

Agora que volven a primeiro plano da actualidade determinados impostores, que din falar en nome do pobo xitano cando levan anos falando exclusivamente en nome propio, convén reflexionar sobre a pertinencia da lei común na abordaxe dos dereitos das minorías. Para comezar, hai que afirmar rotundamente que, de entender por Lei Xitana un corpo xurídicoSeguir lendo “Lei Xitana?”

Día internacional da lingua materna

Día internacional da lingua materna Hoxe, día internacional da Lingua Materna, debemos lembrar que a diversidade cultural do mundo diminúe día a día. Non se trata dun problema nacional (ou nacionalista) como pensa moita xente. É un problema de ecoloxía humana! http://www.unesco.org/new/es/international-mother-language-day/ Linguas locais para a cidadanía mundial.

A dimisión do Papa

Desde os tempos do cisma de Occidente non se vira nada igual. Aínda que, para dicir verdade, só unha vez, con Martín V, pasara algo similar. Certo que, para unificar o catolicismo, deberon renunciar bispos designados para a sede de Roma en arranxos propios da política eclesiástica da Idade Media serodia. Sen embargo, foi oSeguir lendo “A dimisión do Papa”

Tombuctú

Sirve de ben pouco que eu levante a voz para dicir que é hora de vivir en paz. Pero, en calquera caso, a paz e a igualdade entre as persoas e entre os pobos son a razón do meu existir. Comentei estas semanas atrás o conflicto de Azawad e Malí, no Sahel, entre o SaharaSeguir lendo “Tombuctú”