Violencia policial?

Comparto o pesar dos inmigrantes de Senegal que viven entre nós na procura dunha vida mellor, para si e para as súas familias. Agardo que o Estado poña máis medios en protexer a vida que en perseguir pequenas infraccións que están moi lonxe de constituír o principal problema das nosas industrias culturais.

Unha horda na botica da paz

Veño de pechar unha viaxe curta pero intensa a Polonia. Trataba de descansar uns días ao tempo que procuraba a memoria da guerra en Europa e as consecuencias da barbarie nazi. Teño a impresión de que tardarei meses en dixerir a experiencia de fondo desta viaxe. Pero podo adiantar que a construcción da paz éSeguir lendo “Unha horda na botica da paz”

Mentres agardamos por un acordo sobre as cuotas de refuxiados…

Seguen chegando.  A pesar da negativa europea a un reparto solidario. A pesar do permiso para atacar embarcacións no mar, pero non para salvar e acoller. Xa hai máis refuxiados e desprazados no mundo que durante a Segunda Guerra Mundial. Algunha responsabilidade teremos, tanto nas guerras que sementamos como na falta de humanidade para quenSeguir lendo “Mentres agardamos por un acordo sobre as cuotas de refuxiados…”

Chistes antisemitas (piadas)

0. Piada Do dicionario Estraviz s. f. 
(1) O piar das aves.
(2) Ninhada de polos. 
(3) Dito ou brincadeira engraçada. 
(4) Característica de quem ou de aquilo que desperta algum interesse. 
(5) História curta de final surpreendente contada para provocar risos. 1. Os feitos e o seu contexto Leo con preocupación a literalidade da piadaSeguir lendo “Chistes antisemitas (piadas)”

O voto dos “estranhos” e a cidadania múltipla

Copio literalmente o editorial de hoxe do diario público, porque para min resulta imprescindible comezar a pensar en termos de ciudadanía europea. A actual involución do proxecto europeo está a vivirse como unha afirmación da identidade nacional, pero tamén da insolidariedade, da rotulación do diferente como indesexable e das diferentes formas de exclusión. Em referendo, oSeguir lendo “O voto dos “estranhos” e a cidadania múltipla”

Unha solución para Libia

Precisamente nese contexto é onde hai que reclamar unha solución (autóctona, democrática, laica e pluralista) para Libia. Esa solución, que hoxe semella imposible, non será posible mentres prefiramos o petróleo barato e o imperio das mafias e das faccións armadas antes que artellar novos camiños para a xestión libre e soberana dos propios recursos e do propio territorio.

Así pesan os mortos de ninguén na nosa conciencia

Os únicos que representan nesta hora o que Europa debería ser son os italianos, os moitos italianos que salvan vidas todos os días arriscando violar as leis. A figura que resume estes italianos enchidos de honra é descrita polo pescador Ernesto na preciosa película “Terraferma” de Crialese que viola a orde de manter o seu pesqueiro lonxe dunha lancha neumática respondendo cun simple, humano e poderoso: “Io gente in mare non ne ho lassata mai” (eu xente no mar non deixei nunca).

Dereito de asilo

Esta semana volveu naufragar unha embarcación entre as costas de Libia e Italia, morrendo catrocentas persoas. Algunhas destas persoas tiñan Europa como destino desde o comezo. Pero outras trataran de vivir en Libia ata que se lles fixo insoportable o caos en que está sumido o país. Capítulo a parte merecen as persoas que foxen deSeguir lendo “Dereito de asilo”

O príncipe dos mercados

Participei na gravación do documental “El príncipe del mercadillo”, dentro do programa EQUIPO DE INVESTIGACIÓN, de La Sexta TV. A temática do desterro dos xitanos zamoranos venme ocupando desde hai anos (nos precedentes á actual situación tanto en Marín coma no propio Porriño). E non podía negarme a expoñer a miña visión dos feitos, porqueSeguir lendo “O príncipe dos mercados”

Outra vez Lampedusa

Ninguén que sexa sensible á problemática dos dereitos humanos pode deixar de conmoverse e indignarse coa nova traxedia na canle que separa Sicilia de África, perto de Lampedusa.
Despois da conmoción debe vir a acción colectiva para reclamar unha solidariedade efectiva coas persoas que fuxen das guerras e das matanzas de Oriente Medio, e das que fuxen da miseria da África Central.